The Doors Live at the Matrix

Outro día farei a crítica do disco, pero agora quería que o puiderades escoitar, dende a páxina de rtve.es podes escoitar o ambigú adicado a este disco, sinxelamente impresionante, a ver se copian outras entidades a libre disposición do material

Primeira Parte



Segunda Parte

Aniversario geriátrico

Non sei como se me puido pasar, é o meu ídolo, é xenial, encántame, e o 8 de Decembro faría 65 anos que naceu se non fora porque morreu en París hai 37 anos, si, xa o sabes, estou a falar do único, Jim Morrison, RIP.

People fear death even more than pain. It's strange that they fear death. Life hurts a lot more than death. At the point of death, the pain is over. Yeah, I guess it is a friend. del wikiquote de Jim Morrison



Visto en La Opinion de Murcia


The Doors - The end

Sistema Operativo livre en galego

Non sei se é unha boa nova ou non, hoxe presentouse Galinux "un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego" presentado pola Xunta

Fai algún tempo saíu Guadalinex a distribución da Junta de Extremadura baseada en Debian e personalizada para os extremeños, tamén en Euskadi tiveron a mesma idea pero alguen que sabe máis ca min rebatiuno moi ben, ó final tes un montón de distribucións baseadas en Debian ou en Ubuntu (o caso de Galinux) que o usuario non ten porque saber e vai buscar a solución para o seu problema co seu sistema operativo

Hai un par de cousas que non me gustan, na páxina web non se da prácticamente información so din que é gratuito e que é legal copialo (sen comentarios) pero non te poñen un triste manual sobor como usalo ou instalalo, se quera un enlace á páxina de Ubuntu para que a xente saiba onde busca-la información ou que é o que se está a baixar, iso sí, tes un manual sobor do uso da imaxe de Galinex(PDF) (WTF?!).

Tamén penso en canto custaría este desenrolo e se non sería mellor ter gastado ese diñeiro na localización do Ubuntu cousa que xa está a facer mancomun

De tódolos xeitos coido que moi poucas empresas vanse pasar a este sistema operativo co que di na páxina web, podes facer moitas cousas pero convence ti a unha empresa que o instale se o xerente na súa vida oiu falar de Linux, Ubuntu, Debian .... ¿ti qué pensas?

A realidade vista por Mingote

Isto é o que pasa moitas veces cando falas coa xente, dependendo de quen parte a iniciativa será boa ou mala .... fantástico Mingote

Lido en XL Semanal


A $GAE, facendo das súas

Non lles chega con infiltrar detectives nas bodas, tentar rematar coas festas populares, se non que agora inda que peches o teu local tes que pagar igual .... Se isto non é un roubo que veña Deus e o vexa, inda que os xuices xa o ven

A televisión pode contaxiar a homosexualidade

Ou iso debeu ser o que pensaron na RAI para censurar a película Brokeback Mountain (que gañou 3 Oscars) nas súas esceas máis íntimas. Supoño que as radiacións que parten da televisión poderían influír nas descoidadas mentes dos raparigos (e non tan raparigos) que estivesen vendo a película e caer enfermos nesa enfermidade chamada homosexualidade, incrible que estemos no século XXI e aínda ocorran cousas como estas

¿Qué farán cando boten películas como El último tango en París, El imperio de los Sentidos, 9 semanas y media ou Instinto Básico? Pois seguro que máis dun na RAI practicará un cinco contra un con tódalas súas gañas

Visto na Voz de Galicia

Volve o Ministro de Cultura

Xa volvemos á grella, o malo é que a maioría da xente non se entera de isto e cada vez que falas con alguén tes que explicarlle que descargar material de internet non é ilegal mentres non haxa interese económico polo medio ... non como pon nas 10 mentiras

Descarga todo o que queiras mentres non queiras sacar beneficio económico desa descarga

Visto en mangas verdes e Enrique Dans

O P2P matando a VoIP?

Hoxe a topei este artigo de the register que dame que pensar, a verdade é que non tiven moito tempo de lelo a fondo e quero facelo cun pouco de calma, ven a dicir que o tráfico UDP vai deixar de ir por TCP e vai usar o protocolo UDP o que implicaría que tódalas aplicacións que usen UDP non van ter ancho de banda suficiente para traballar, sinalando en concreto ós gamers e a VoIP

O que terei que ler con coidado e se reparan nas diferencias entre UDP e TCP e os distintos usos que se lles da a cada un, en UDP non hai control de estado, é dicir, non se chequea se o paquete chegou ó seu destino co que se fai moi últil para paquetes de sinalización ou de tempo real (de nada serve que me volten a mandar unha palabra 10 segundos despois de que o emisor a diga), e no caso de TCP este protocolo sí que implementa esa xestión de estado e de recepción dos paquetes e no caso de que non chegue algún paquete o volve a enviar.

Agora ven o meollo, se as aplicacións de P2P pasan a usa-lo protocolo UDP unicamente terán que implementar algún tipo de protocolo particular para xestionar se chegan ou non os paquetes, para confirmar se ten o ficheiro (en realidade o cacho de ficheiro) ou inda non lle chegou co que é un custo máis para estes clientes, doutra banda coido que non se chegaría a sautra-la Internet por cambia-lo protocolo, sinxelamente habería que adaptar os nosos hábitos a unha nova estructura, ¿alguen que saiba máis ca min pode abrirme os ollos?

Via blog.tcmnet.com

Tódolos homes son iguais

Pois si, tódolos homes somos iguais e coido que eu actuaría da mesma maneira que algún destes, inda que tentaría disimular un pouco ou non?


Tódolos homes son iguais

ODBC e Procedemento Almacenado

Hoxe tiven que poñerme a mirar como executar un procedemento almacenado nunha bbdd Oracle dende un ODBC para un proxecto no que ando metido no chollo, a verdade é que é moi sinxeolo e so fai falla mirar un pouco a axuda e aplicar a lóxica.

De entrada para executar un procedemento almacenado dende SQL Plus o único que tes que facer é poñer

exec nom_stored_procedure([param1,param2, ...])

e xa vai, se queres executar unha función o único que teríamos que facer é executar unha consulta contra a táboa virtual dual

SELECT function([param1, param2, ....])
FROM DUAL;

Pero se o que queremos é executalo dende un acceso ODBC a cousa cambia, se executamos a primeira maneira o resultado é o seguinte



Mirando a axuda do ODBC dinos que temos que executar a sentencia entre corchetes e chamar a función cun call en troques de cun exec, tal que así

{call nom_stored_procedure([param1, param2, ....])}

Se o facemos así xa non temos erro, o que pasa é que non se executa o procedemento almacenado co que tampouco nos serve, dándolle un pouco á cachola pensei que se ía entre corchetes tal vez sería porque agardaba que algo chamara a esa sentencia, velaí estaba

exec {call nom_stored_procedure([param1, param2, ....])}

Así si, agora si que se executou o procedemento almacenado, cando menos curioso

Agardo que lle sirva a alguén e non teña que perder esas dúas horas que eu perdín buscando a solución

Fallo en Minority Report

Cando vin a película de Minority Report pensei que tiña que escribir sobor do fallo máis clamoroso que penso que ten a película, pero co tempo a cousa foiseme da cachola e agora ó ver este post de Microsiervos lembreime do que quería escribir e aqui vai

Poño un pouco en antecedentes de que vai a película, dentro da policía hai un departamento que leva relativamente pouco tempo que se chama Precrimen, que usan a uns suxeitos especiais que se chaman Pre-Cogs que teñen a capacidade para ve-lo futuro, deste xeito son capaces de deter a xente que presuntamente vai cometer un crime. Dentro das visións hainas de dous tipos, unhas visións son dos crimes predeterminados que son "vistas" con tempo e se detén o futuro criminal polo crime que ía cometer, doutra banda están os crimes paixonais, estes crimes no poden ser "vistos" xa que nun principio non se ían cometer entón prevense con moi pouco tempo de antelación, so unhas horas

Nestas resulta que o xefe do departamente (Tom Cruise) é "visto" polos pre-Cogs cometendo un crime, agora non me lembro se o crime era paixonal ou non e vou esboza-las incoherencias en función de se é detectado coma un crime paixonal ou non:

  1. É un crime paixonal: Se é un crime paixonal o sistema non pode avisar con tanta antelación (coido que 36 horas) xa que se di que se avisa con menos tempo
  2. Non é un crime paixonal: Se o sistema di que non é un crime paixonal, a película non ten sentido xa que nos vemos que el non coñece a quen vai matar e non pode, polo tanto, planexar matalo
A pesar destas pequenas paradoxas a película gustoume moito i eu lle daría un 7 sobor 10

O canon visto por geekinlove

Xenial a tira de geekinlove sobor do canon, eiqui a tés

O Deportivo dos meus amores

Fai tempo que no falo do Deportivo, máis que nada porque teño poucas cousas boas que dicir, e hoxe tan pouco vai ser distinto, vou dar a miña opinión sobor do aspecto deportivo e sobor do aspecto da xestión do equipo

Aspecto deportivo

Hoxe o equipo está en Moscú para xogar o primeiro partido da "liguilla" da UEFA, non teño moitas esperanzas no partido a verdade. Lotina é un técnico pouco ambicioso, pensa que é mellor non perder que gañar (ás veces pode ser verdade) e nesta liguilla con dúas victorias estás clasificado, e se gañas en Moscú a un dos rivais máis fortes case podes dicir que estás clasificado. Polo que se ve vai xogar Valerón, non o entendo, o normal é que Valeron xogue sempre na casa e non fora que vai ser máis complicado que lle cheguen balóns, xa xogou en Noruega e despois na casa no partido de volta. Lotina é unha persoa que todos tachan como moi boa e que non da problemas, iso paréceme ben, pero aqui está para xogar ó fútbol e debería por ós mellores a xogar, cando xogabamos na Champions non había tanta rotación, non pode ser que despois de pretempada en 7 partidos de Liga, 6 de UEFA non teña un equipo tipo co que xogar e ande a facer experimentos, un xogador un día está na grada e ó seguinte é titular ... o ano pasado cando o equipo comezou a funcionar foi cando se puxo un esquema estable e non se variaba o once inicial
Por último comentar que o que se fixo en Santander é un escándalo, ir a un campo a empatar descaradamente é unha perda de tempo e unha ofensa para os aficionados que seguen ó equipo, que queren que o seu equipo gañe e fronte a un equipo que na casa non está rendendo e está na nosa liga habería que ir a por todas, un exemplo máis do conservadurismo do técnico

A Xestión do equipo

Neste apartado quero comentar dúa cousas, as recentes denuncias de Taborda e a de Barragán e o tema da financiación do equipo. Alegan que o clube os despida como improcedentes para poder cobrar o que lles falta xa que o equipo non os inscribiu nin na Liga nin na UEFA, que eu saiba os xogadores cando fichan por un equipo non teñen asegurado que vaian a xogar nin que teñan ficha, ós xogadores se lles paga por adestrar e se o adestrador o considera necesario por xogar, e co que cobran se non teñen ficha o que deberían facer é loitar por ter ficha o ano seguinte ou en Decembro ... A maiores, no caso do primeiro xa non debería estar no equipo xa que lle zoscou a un periodista e seguiu eiqui sen castigo por parte do clube, algo impensable en calqueira empresa, rexeitou dúas ofertas para marcharse e inda ten máis que dicir. No caso do segundo, estaba lesionado cando se deron de alta as fichas, o clube volcouse na súa recuperación e así llo agradece ....

Doutra banda está Lendoiro, se é o xestor do equipo e cobra por iso (e non pouco), debe encargarse de buscarlle saída a tódolos xogadores e tentar que non den problemas, non é de recibo que haxa 3 porteiros con ficha profesional dos que dous sabemos que non van xogar e que non se queren pero estén ocupando fichas que ó mellor poderían usarse para Barragán, viuse que coa lesión de Manuel Pablo andamos un pouco xustos, co que a súa xestión dos descartes, sabéndoos con bastante antelación, foi moi mala

No caso do patrocinio do equipo fai pouco tempo Lendoiro reclamaba que o Xacobeo debería patrocinar ó Deportivo, paréceme ben que pida, non estou en contra diso pero coido que sería un erro que calquera empresa pública patrocinara ó Deportivo, ¿a santo de qué? O Deportivo é unha empresa privada e como moito representa a unha cidade, non representa á comunidade autónoma e de feito non fai gala de ser galego nin na súa páxina web (onde está o idioma galego) nin cando vai por ai. A maiores coido que non é a empresa máis representativa que temos eiquí, sería máis normal que o Xacobeo patrocinase a Inditex non? Coido que chega a moitos máis sitios e ten unha maior relevancia co Deportivo, pero seguro que á xente non lle gostaría que os seus cartos se gastaran nunha empresa privada que baixo ningún concepto vainos devolver ós contribuintes

De tódolos xeitos sempre podería deixar de cobrar o seu millonario soldo 1% do presuposto do equipo (non atopei o dato exacto pero seica anda entre os 65 e os 100 millóns de euros) e así a cantidade que se necesitaría de apoio para a financiación do equipo sería menor, non?


Xa está o G1 dispoñible

Xa está nas tendas de EEUU o G1, o novo teléfono de Google deseñado para facerlle a competencia o iPhone, cun sistema operativo de código aberto e que promete ter un ecosistema de aplicacións sen límites, eiqui tendes algún artigo sobor das súas características

Polo momento co que me quedo é que ten un bo fondo pero inda lle falta un pouco para ser un telefono "redondo", ¿e ti?¿iPhone ou G1?

Street View na Coruña

Leo hoxe no diario Qué!, que o coche que Google utiliza para fotografar ás rúas estivo na Coruña, a verdade é que non tiña nin idea nin lin nada por ai. Tampouco atopei a nova na edición dixital do diario senon que a vin na edición en pdf, ¿alguen sabe algo? A verdade é que sorpréndeme que xa estén por Coruña habendo moitas cidades que visitar .... a ver se pronto se pode ver na web ;-)

Actualización: confirmáronse as miñas sospeitas, leo hoxe que o coche de Google seica está (ou estivo) por España pero por A Coruña non se achegou, imos ter que esperar algún tempo ;-)

Descansa en paz Paul




Foise, para min o segundo máis grande (teño debilidade por John Wayne inda que non sexa tan bo actor), hoxe é un día triste pra min, é unha nova que non quixera ter visto nunca, non está morto sempre estará por ai

Lémbrome de pequeno que lle fixeron un ciclo na primeira, coido que os Martes pola noite, e vin tódalas películas que botaron, Marcado por el Odio, La gata sobre el tejado de zinc, El buscavidas, Los rompepelotas, el castañazo, Dos hombre y un destino y La leyenda del indomable entre otras

Crecín con el e alédome de ter visto todas esas película e algunha máis. Desexo que recueperen os ciclos de películas adicados a directores e actores como facían no pasado.

Para ter máis información: Paul Newman imdb, Paul Newman wikipedia, El Pais, Publico, e no google

Descanse en paz

Visto en blogdecine.com, imaxe de mercecasado.blogia.com

Anuncios para delgados

Lendo esta entrada do blogue Ethica more cybernetica (nunca o lera ata agora) que ven a falar de porque o estar / ser gordo está mal visto ou tes que aturar a xente que che diga calquera cousa (vaia por diante que estou bastante gordo mido 1,70 e peso preto dos 90 kilos) ou que che miren mal e como din que haxa xente que prefira estar anoréxico ou bulímico antes ca estar gordo. Entendo que non é bo estar gordo ou pode ter máis problemas (ó igual que estar moi delgado) pero se non te da ningún problema non lle vexo eu máis razón que a meramente estética, e xa sabedes que nos gustos hainos de tódolos sabores. Ben, o caso é que lendo o post lembreime duns anuncios da marca Kellogg's, unha compañía que se adica a vender cereais e dos que últimamente vin un par de anuncios que non facían outra cousa que enfurecerme, supoño que os coñeceredes



Neste primeiro anuncio vemos a unha rapaza que non ha pasar dos 50 kilos!!!!!!!!!!! e non é baixa tentando porse un pantalón que non lle entra, o anuncio ven a dicir que despois das navidades é posible que engordaras un pouco e que non che entre o pantalón, pois ben se esta rapaza engordou o que ten que facer e mercar pantalóns unha talla máis grande e xa o ten solucionado, non necesita adelgazar!!!!!!!!!! Este anuncio claramente fomenta a anorexia e ninguen di nada

O outro anuncio é este



Neste anuncio o que nos veñen dicir é que non por non almorzar vas adelgazar máis, ben, iso non está mal, coido que o almorzo é moi importante e non hai que facelo á lixeira, o caso é que din

estudios demuestran que mujeres que toman un desayuno como el desayuno Special K pesan menos que las que no desayunan

Y????Qué estudos son esos? Onde están?Poden consultarse? En base a qué está feito, non se debería por un pouco de control neste tipo de anuncios??? Non vin ningunha referencia a ningunha web ou libro onde se publique ese estudo tan "sesudo"

So agardo que algún día algún dirixente esté verdadeiramente empeñado en rematar con este tipo de publicidade que no aporta nada a sociedade e o único que fai e crear unha sociedade que so pensa no seu aspecto e chega a extremos insospeitados para acadalo

¿Queres ser un emprendedor? Fai amigos

Iso é o que ven a dicir Carlos Blanco en Baquia, non importa moito a idea que teñas, so se quen te coñece confía en ti e quere darte cartos .... Paréceme bastante triste esta mentalidade e da un reflexo ben claro do que é a nosa sociedade, non importa o que estudies, non importa o que traballes, non importa moito o que fagas, o que importa é a quen coñeces

E ti, ¿coñeces a moita xente?

A educación en España

Faime moita graza ver que os políticos andan sempre a cambiar as leis da educación pero o resultado segue a ser o mesmo, unha incultura nos máis altos postos da nosa sociedade, vendo este vídeo doume conta de que ao final o importante é ter interese por aprender, dou grazas aos meus pais por terme obrigado a ir á escola de idiomas e rematar os cinco anos de inglés, probablemente custaríame manter unha conversación ben fluída en inglés pero vou entendendo os vídeos que vexo e o falo o suficientemente ben como para que eles me entendan (das miñas experiencias con xente de fala inglesa non tiven problemas). O caso é que agora en canto podo vexo algunha película en VO, oio podcast en inglés de Radio Vaughan e tento manterem ó día. Tamén fixen un par de anos na EOI de francés, e teño un nivel moi básico e algún día o retomarei ;-), pero algo sei.

E se xa é triste que o presidente dun dos bancos máis importantes de España teña ese nivel de inglés é máis triste que os nosos presidentes vaian á par, coido que deberían saber polo menos 3 idiomas (dous estranxeiros) para poder acceder ó cargo e iso con case calqueira cargo público que tivera que viaxar por motivos do traballo

Os exemplos do ridículo máis abaixo

Zapatero non entende a unha periodista

si esto é francés o meu xefe debe estar encantado co francés que eu fago :D

Este lémbrame ao grande Jesús Gil

Aznar debe estar enfermo

Inda que Aznar mellorou despois cando tivo que ir a dar conferencia aló aos estados xuntiños

Via: Un gaditano en Silicon Valley que á súa vez viuno en Publico

As sete diferenzas

Revisando os meus feeds RSS vexo varias novas sobor do fallo no deseño do DNS e lles boto unha ollada, máis que nada para estar ó tanto do que se move no tema da seguridad informática que é algo que me gusta moito, cando doume conta de que vexo dous titulares idénticos un de Hispasec e o outro de Seguridad Informática, entón pícame a curiosidade de que dúas páxinas teñan o mesmo titular e leo o de Hispasec, todo ben, fala dos servidores DNS, do protocolo, das distintas implementacións que se fixeron, e da unha pincelada do problema que hai. Agora paso a ler o de Seguridad Informatica e vexo que é exactamente o mesmo, ¿cómo pode ser?¿terá a cara de copialo? Pois sí, o copiou tal cual e o único que fixo foi por ó final un Fuente: Hispasec, abonda con isto ou tería que por polo menos unha ligazón? Eu penso que esta persoa é un caradura, unha cousa é facer referencia a unha web e outra é copialo íntegramente no teu blogue, estiven mirando pola web a ver se había algunha referencia na que dicía que o único que ía facer era copiar novas doutros sitios e non o vin, tampouco vin ningunha referencia que me fixera crer que son o mesmo autor .... Fixándome un pouco máis vexo que ten abaixo un Copyright!!!!!! WTF!!!!!!!!!!! Incrible. ¿Cres que chega con dicir de onde o sacaches sen por a url ou hai que por a url de onde sacaches a información?

Actualización: vese que fanme caso, agora citan a url, orixinal vs copia

Que grande!!!!!!!!!!

Gústame o tenis de sempre, de pequeno gostábame ver a Sergio Casal e Emilio Sanchez Vicario en dobres (xa que en individuais non facían moito), iso dos españois, logo era unha gozada ver xogar a Ivan Lendl ou a Boris Becker, e tantos outros. Ata que apareceu Sergi Bruguera co que aprendín que os españois tamén lle daban a isto da raqueta, inda que so fora en terra batida. Co tempo viñeron máis e cada un parecía que era o mellor, ata que apareceu un rapaz moi novo e coa testa no seu sitio que se comeu o mundo, ós seus 22 anos ten 4 Rolland Garros e xa 1 Wimbledon, o seu primeiro Grand Slam en herba e abofé que non será o último, o de onte foi O PARTIDO, incrible, tivo de todo, dous sets "relativamente" cómodos para Nadal, dous sets resoltos no tie-break e un último set no que houbo que disputar 16 xogos para coronar a Nadal como un dos grandes da historia (se xa non o era) e diante tiña nada máis e nada menos ó mellor xogador de tódolos tempos, aquel que fai fácil o difícil o que nunca perde a elegancia, Roger Federer

En tódolos medios falan de Rafa e por iso non vou por ningunha ligazón ós diarios porque isto vai durar moito e podédelo atopar fácil

Son un ladrón, delincuente?

No artigo La piratería, un problema de educación o señor José María Irisarri chámame delincuente e ladrón. Na súa resposta Enrique Dans expón o que para mi é o que sucede, non son un pirata ou un delincuente por facer uso das novas tecnoloxías para acceder a información da que doutra maneira non podería por un problema económico, non podo mercar tódolos cd's que me gostaría porque senon non comería e iso a longo prazo seica non é bo

Non son ningún xurista pero polo que sei baixarse algo de Internet sen ánimo de lucro, ou sexa para velo na miña casa coa miña muller (a non ser que se grazas a eso que me baixo despois podo lucrarme coa miña muller, será iso?), non é delito e hai algunhas sentencias que así o reflicten outra cousa é que a xente que vive da música ou do cine queiran seguir utilizando a excusa dos piratas para non pensar como poderían obter máis cartos se poden chegar a prácticamente todo o mundo sen máis esforzo que publicar o seu material en Internet e así obter unha maior relevancia

No artigo ao que fago referencia fala dun problema de educación, coido que non fun mal educado e teño unha cultura media (dende logo non inferior á deste señor) pero estudiei informática e dinme conta de que este medio non ten límites físicos como ós que estamos acostumados e por iso hai que tratalo doutra maneira e saber utilizalo, levo usando Internet dende fai máis de 10 anos, cando ó principio para cargar unha páxina tiña que agardar cinco minutos ou máis, e coido que este é so o principio, cando todos os nosos aparellos veñan con conexión a internet e despertemos co último disco do noso artista favorito recén publicado e levémonos unha grata sorpresa e nos digan onde é o seu próximo concerto para que poidamos asistir e con so dicir sí, xa nos reserven o vo e a entrada (vale isto tal vez será dentro dun tempo, pero probablemente menos do que se pensa), ben pois nese día toda esta xente que agora protesta estará fora do negocio, será marxinal e haberá perdido a mellor ocasión de facer negocio e cartos que tiveron

Afondando un pouco no artigo vese que este home tira cara tódolos sitios sen importarlle moito se o que di ten sentido ou non, di que as exhibicións en colexios, residencias ou parroquias son manifestamente ilegais (vese que lle interesa defender a cultura claro), fala de que antes de que se estrease Rambo IV (a película estrela do 2008, manda carallo, segue a defender a cultura) había 50000 persoas que xa a viran, pois moi ben a culpa será dese empregado que lle deu a copia o seu curmán que lle gostaba moito o Sallone e quería velo antes, non das persoas que sabendo que a poden ver o fan sen máis, tamén di que como sobrevivirían os clubes de fútbol se non tivesen os dereitos da televisión por pago, pois probablemente baixarían os soldos dos xogadores ó non poder pagalos, que ó mellor o xogador despedía ó representante e el mesmo encargabase dos seus asuntos, de seguro que o fútbol non desaparecería e case teño a seguridade de que sería moito máis honrado e bonito (será que a xente do mundo da música cobra moito???)

Tampouco di que agora mesmo estase compensando "ós artistas" por a perda que lles supón as "descargas ilegais" e que xestiona unha entidade misteriosa da que non me lembro das súas iniciais e que non quero por non vaia ser que me veñan deter e me metan anos e máis anos de prisión

O que máis fastidia de todo isto é que seguro que este home ten música, non mercada, na súa casa, ben sexa porque algún amigo lla deixou (preguntaría de onde a sacou o seu amigo?), ben porque unha vez baixouse algo pero xa tiña o cd mercado (é máis cómodo baixar un cd que exportalo dun cd orixinal) e non ten o valor de recoñecelo. Tamén hai que ver que é un cargo importante de dúas empresas que van vento en popa :D


PD: lede os comentarios de Maria no post de Enrique Dans, incrible ....

E isto como se pronunciará?

Teño unha "digna" formación no idioma inglés, nembargantes sempre atopas palabras que non sabes como se pronunciarán ou como se dirán, para sabelo veño de descubrir forvo, unha web na que podes subir a pronunciación das palabras e consultar as que desexes, o tes en moitos idiomas incluido o galego, co que xa sabes a subir palabras para que todo o mundo saiba como se pronuncian ;-)

Visto en pisitoenmadrid

Firefox - about:config

Neste post que tentarei ir actualizando cada pouco tempo vou ir metendo as distintas opcións que podes configurar no Firefox (no meu caso na versión 3) usando para elo a dirección about:config

  • color profiles: gfx.color_management.enabled, poñelo a true, visto en edans
  • número descargas simultáneas: network.http.max-connections-per-server, poñer o número que necesitedes. Este parámetro aumenta o número de conexións cun servidor en concreto o que posibilita que se queres baixar moitos ficheiros dun mesmo sitio esta sea a túa opción
  • aviso de plugins: plugin.default_plugin-disabled, se o pos a true avisarache de cando necesites instalar un plugin, se o pos a false non che avisará, útil no caso de que queiras ter un navegador sen nada instalado a maiores ou se non o podes instalar (por exemplo no traballo)
  • cambio de idioma: general.useragent.locale, pos o locale que corresponda co teu idioma-país e listo (tes que reiniciar Firefox para que colla o cambio), para o galego gl-ES, visto en Que che vou contar ...
  • desactiva-la "barra alucinante" ("AwesomeBar"): browser.urlbar.matchonlytyped a true, visto en Pisito en Madrid
  • cambia-lo axente do navegador, por exemplo para acceder dende linux a hotmail: general.useragent.vendor, poñendo Firefox déixate acceder a livemail (a.k.a. hotmail). Grazas mmeixide
  • abrir un porto https: network.security.ports.banned.override, se non existe a creamos e metemos os portos que desexamos que usen o protocolo https separados por comas, visto en ¿cómo hacer para?
  • deshabilitar a compatibilidade de add-ons: é dicir, tes unha nova versión do Firefox e queres que os teus add-ons continúen funcionando, temos que crear dúas entradas, unha extensions.checkCompatibility e poñela a false e a outra extensions.checkUpdateSecurity e tamén poñela a false, visto en Lifehacker
Estes son algún exemplos que tentarei ir aumentando a medida que vaia probando máis, eu so che digo o que fan ti faste responsable de usalos ben, non me veñas despois dicindo que tes moitas conexións abertas ou que non sabes o plugin que necesitas ;-)

Tedes toda a documentación de about:config na kb de Mozilla

Actualización 07/11/08: engado a opción de cambia-lo axente do navegador por cortesía de mmeixide

O futuro da selección na Eurocopa

So por recordar un pouco como foi o pasado (lembrade que o pasado axúdanos moito a saber o que vai ocorrer, a historia sempre se repite) imos facer un exercicio de memoria coa selección española de fútbol

Eurocopa 2000




Mundial 2002




Eurocopa 2004



Mundial 2006


Isto engadido a maldición do día 22 faime pensar que agora coa eliminación de Francia e a clasificación de Italia a miña opinión é clara, Alemaña - Italia será a final da Eurocopa

O único que pode ser unha vantaxe para o equipo nacional español é que en tódalas portadas había unha personaxe que este ano non está, ¿adiviñades quen?

Actualización:
España se clasifica para semifinais ó derrotar a Italia nos penaltis, seica rematou a maldición do 22 de Xuño (ou sería cousa da ausencia de Raúl?)

Eu non teño nada no ordenador que lle importe a ninguén

Esta frase é a que moitas veces esoitei a xente falando de porque non instalaban un antivirus, este pode ser un dos motivos, unha persoa que non tiña protexido o seu ordenador e que o utilizaron como servidor de fotografías de pornografía infantil, ven de determinarse que el non era o culpable pero todos sabemos que a mancha xa lle quedou na súa vida e todo o que tivo que pasar a familia por mor disto.

Temos que concienciarnos que o que buscan moitas veces os "ciber-delincuentes" non é a información que temos no noso equipo senon que o que queren é tomar control do equipo para poder cometer delitos, está claro que se ademais poden roubarnos as chaves de acceso as nosas contas do banco vanno facer, pero ese non é o único motivo

Lembrade sempre ter actualizado tanto o sistema operativo coma os programas que usedes, e tamén seguide unhas mínimas normas de seguridade tanto cando estedes en Internet coma cando traballedes co voso correo

Non accedo o meu blogue

Dende fai un tempo que non publicaba nada e hoxe tento acceder e non me deixa dende o equipo do traballo, nin facendo unha búsqueda a través de google nin poñendo a ruta completa no navegador nin buscando dende yahoo, o resultado é sempre o mesmo, esta páxina



O caso é que dende outro equipo da rede do traballo deixa acceder sen problemas, non me deixa no meu equipo, o único que instalei recentemente foi un cliente svn e o firefox 3, ¿será cousa disto? Coido que non é cousa de virus xa que o VirusScan está actualizado e no equipo no que mirei o antivirus estaba deshabilitado, ¿será cousa de meigas?

Tamén probei con El lado del mal e non me deixa, será cousa de tódolos blogues de blogguer?

Alguen ten unha idea?

PD: Tamén é curioso publicar algo no teu blogue e non poder velo ;-)

Actualización 19:01:
Xa podo acceder normalmente, non teño nin idea de que puido ser ....

Nunca renegues dos teus orixes

A falta de confirmalo seica pode ser que o patrón de Madrid tivese a súa orixe nun musulmán, agora que tan mal están vistos e hai tanta xenofobia e racismo, inda que sexa a un nivel máis local, coido que sería moi bo e un punto que invitaría a reflexionar sobor da importancia de onde vemos e de non criticar a alguén polo seu credo, nacionalidade, cor de pel, sexo, orientación sexual e calqueira outra característica que se che poida ocorrer que sexa distintiva dunha persoa ou dunha raza enteira, ¿quen nos di que no futuro demostren que Breogán non é fillo dun xitano?

Visto en 20minutos.es

Localiza o teu Windows / Office

Dende esta web podermos descargarnos o paquete de interface en galego para o Windows XP, Windows Vista, o Office 2003 e o Office 2007

17 de Maio

Este día sempre é especial porque ó feito de que se celebre o Día de internet, dende non fai moito tempo todo hai que dicilo, e que para min Internet supuxo toda unha revelación, todo un cambio na maneira na que me relaciono co mundo e na maneira de obter información ou de aprender a facer cousas novas, eu tamén celebro o día das letras galegas, que leva moitos máis anos celebrándose e que coido é algo máis importante. Este ano está adicado a Xosé María Álvarez Blázquez un escritor polígrafo que demostrou que poden coexistir dous idiomas nunha mesma rexión e non teñen porque ser excluintes

A verdade é que non coñezo a súa obra, pero coido que é moi importante que se homenaxee a unha persoa que escribiu tanto en galego coma en castelán, agora que hai iniciativas moi hipócritas defendendo o uso por igual das linguas cando o que queren dicir é que se use o castelán que é o que esán acostumados. Coido que o galego está nunha situación de desvantaxe respecto do castelán e paréceme ben que dende as institucións debe fomentarse o seu uso inda que nunca compartirei a súa imposición

De tódolos xeitos Feliz Día das Letras Galegas e Feliz Día de Internet

Diccionario TIC galego

Vexo na edición de onte da Voz de Galicia un artigo que fala dun diccionario enciclopédico galego das TIC que van implantar, está promovido polo COETG e o seu responsable vai ser Xavier Alcalá, seica vai ser un portal web, pero non encontrei por ningures ese portal web. Buscando un pouco máis vexo que a cousa xa está recollida en varios sitios,e atopo que o proxecto estará feito dentro de tres anos

Coido que esta iniciativa é moi necesaria e máis cando vexo que para falar dun firewall se o fago en galego teño que dicir devesa, palabra que nin sequera coñecía na súa acepción do diccionario da real academia galega:
Terreo extenso, poboado de árbores non moi mestas, normalmente valado ou cercado e dedicado ó pastoreo. Cortaron as últimas faias que quedaban na devesa.

A ver no que queda a cousa

A crise da construcción

Non o poido aturar máis, o teño que dicir inda que ninguén me escoite (a lo menos eso din as estatísticas). A xente da construcción leva anos enriquecéndose a costa dun excesivo optimismo do mercado, dunha boa situación no interese ó que se daban as hipotecas e moi pouco control da xustiza que desenvocou en non poucos casos de corrupción e destrozos de paisaxe urbanístico. Pois agora que se lles di que non se lles vai a axudar e que teñen que capear o temporal (como teñen que facer tódolos mortais) protestan e din que non se pode frivolizar .... sen comentarios

Tamén quería falar sobre os nosos políticos, por un lado o PSOE, que durante toda a campañan electoral non falou de crise, nin de desaceleración nin de nada polo estilo na economía, i en canto gañan as eleccións din que si que hai algo, só por iso para min deberían estar inhabilitados ou algo polo estilo, ¿non é eso unha mentira en toda regla?¿non debería haber un código ético nas campañas electorais?

Doutra banda o PP, desta volta non gañaron as eleccións e un par de meses despois vanse dous dos seus cabezas de carteis e que de seguro que foron o motivo de moitos dos votos que levou o partido, ¿non debería penalizarse que alguén poida sair elexido e se non hai un motivo ben xustificado (e non o meramente económico) non puidera abandoar as súas obrigas para con todos nos?

En fin, a seguir mantendo a estes ladróns (e a outros) e procurar que a crise non nos afecte en demasía

¿O teu ISP está "capando" o tráfico P2P?

Ultimamente estase falando moito sobor de se os ISP están ou non penalizando o tráfico P2P por riba doutro tipo de tráfico, a través das fontes diarias de Enrique Dans chego ata esta ferramenta que seica fai unha análise do rendemento da túa conexión no tráfico P2P fronte a outro tipo de tráfico para determinar se a túa operadora é maligna ;-)

Pola miña parte vouno probar e comentarei os meus resultados

A meu proveedor de acceso a internet (e de telefonía fixa, de televisión por cable e de móbil) é R

Actualización:

Acabo de ver esta url, na que se fala de maneiras de evita-lo bloqueo do teu ISP ó tráfico BitTorrent

Actualización (II) 29/01/09:

Seica google e outros asociados veñen de publicar unha serie de ferrramentas para testear se o teu isp está a penalizar o teu tráfico dalgunha maneira

visto en Slashdot

Os contratos indefinidos de hoxe en día

Chégame unha oferta de traballo e inda que non ando activamente na busca dun novo emprego adoito miralas case todas por se existe o traballo da miña vida.

Neste caso é de Responsable Técnico, cando miras a oferta ves que en realidade de de reparación de hardware e de mantenemento de software, non vexo por ningún sitio a responsabilidade, pero o que máis me chama a atención e o que se ofrece



Tachán, un contrato indefinido de duración 1 ano!!!!!!!!!!! Fantástico ata que punto chegamos, a min paréceme que o contrato está bastante definido

Non está de máis revisar os premios ós traballos máis precarios xa que despois pasa o que pasa

A oferta a podedes ver aqui

Racistas en Mesoiro

Hai moitas maneras de dicilo, hai moitas maneiras de excusalo, hai moitas formas de selo, pero todo se reduce nunha cousa, os meus veciños son racistas

No quiero bajar a mi niña al parque y que haya gitanos. No lo quiero
RACISTA

Si nos hubieran dicho que venían gitanos, hubiéramos ido a comprar a otro lado

RACISTA

Nosotros no somos racistas, pero todos sabemos cómo son los gitanos

RACISTA

Seguro que eles mesmos pensan que son moi tolerantes simplemente porque non van apaleando a xente que non é da súa raza, pero o que está claro é que non están dispostos a compartir a súa convivencia con xente que non é da súa raza e sobor da que teñen claros prexuizos.

Podedes ve-las novas na Voz de Galicia, na edición da Coruña do día 15/03/08:
Vecinos de Mesoiro cortan el tráfico para protestar por el realojo de gitanos
El alcalde reitera que los chabolistas de Penamoa no irán a Eirís y Mesoiro

Un late night de USA realmente simpático

Navegando por ai cheguei ata esta páxina, realmente non sei onde vin o enlace pero estiven uns 10 minutos rindo sen parar. O caso é que se trata duns videos do programa de Jimmy Kimmel na ABC, non o coñecía pero despois de ver estes dous vídeos a verdade é que teño gañas de ver máis programas del.

No primeiro video Sarah Silverman dille dunha maneira moi sutil que lle está a poñer os cornos con ... mellor védeo



O segundo video é a despechada resposta que da Jimmy a súa ex .... sinxelamente xenial

Critica: En el punto de mira (Vantage Point)

Director
Pete Travis


Casting
Dennis Quaid, Matthew Fox, Forest Whitaker, Edgar Ramirez, Saïd Taghmaoui, Ayelet Zurer, Zoe Saldana, William Hurt, Sygourney Weaver, Eduardo Noriega

Guionista
Barry Levy

Duración
90 minutos

Título orixinal
Vantage Point (imdb)

A Favor
A duración volve os 90 minutos clásicos e fai que a trama sexa moi levadeira

En contra
Non sabemos a motivación de ningunha das persoaxes que interveñen na trama

Sinopse
O presidente de EEUU ven a España, concretamente a Salamanca, a participar nun cumio sobor do terrorismo. O pouco de toma-la palabra é tiroteado dúas veces. A película descúbrenos o que pasou ó traves da visión de varios dos implicados no suceso

Opinión - preme aqui se queres ver / oculta-la miña opinión, probablemente conteña spoilers
A idea inicial paréceme boa e que pode ser constituinte de unha boa película xa que faiche entender mellor a cada persoaxe e porque fai o que fai, tamén é unha maneira distinta de contar unha historia e cando non hai moitas ideas pode ser un aliciente a maiores. A película empeza ben, vese como un equipo de televisión está narrando o que sucede na chegada do presidente á Praza Maior de Salamanca, entre a multitude enfurecida cos EEUU, e no momento que se achega ó estrado a falar disparanno un par de veces. A partires de aqui a historia vese dende distitnos puntos de vista

  • O axente de seguridade: Dennis Quaid, é un home traumatizado porque recentemente salvoulle a vida ó presidente interpoñéndose no camiño dunha bala dirixida a este. É a súa primeira misión dende o atentado, ¿estará á altura?. Parece que o bo de Dennis Quaid tiña hemorroides ou algunha gastrite porque non é normal esa cara de cú que saca en toda a película
  • O turista estadounidense: Forest Whitaker, é un home bastante amargado porque ten problemas coa su muller e para solucionalo cruza o charco e vense a España para ter algo máis de emoción na súa vida (?¿?¿?), está a gravar todo o que sucede coa súa cámara dixital e grava cousas moi interesantes que poden servir de axuda na resolución do caso
  • O policía español: Eduardo Noriega, é un policía namorado dunha muller árabe (seica, tampouco estou seguro) que ten pinta de non ser trigo limpo á que lle da unha mochila e coa que queda despois de que todo suceda. Cando ocorre o atentado o policía sube ó estrado porque seica é o gardacostas do Alcalde de Salamanca, inda que os do servicio secreto non o acaban de crer e persígueno por toda a cidade
  • O terrorista árabe: Saïd Taghmaoui, é un terrorista metódico e sen sentimentos que ten todo planeado ata o mínimo detalle, cerebro do atentado, dispón da tecnoloxía punta e sincronización en tódolos aspectos. Un criminal aparentemente sen escrúpulos que ó final non é tal
  • O secuestrador: Edgar Ramirez, xa o quererían para sí calqueira dos exércitos do mundo, Rambo pouco tería que facer contra el. Mágoa que sexa tan parvo como para confiar nuns secuestradores tan malvados
Hai máis personaxes que interveñen na trama pero considero que con estes chegan. A miña opinión definitiva é que é unha película entretida se non queres pensar moito pero que como cine deixa bastante que desexar

Valoración: 4/104/104/104/104/104/104/104/104/104/10

Viruslist.com - Autoridades canadienses desmantelan red zombi de más de un millón de ordenadores

Curiosa nova a que publica Viruslist.com - Autoridades canadienses desmantelan red zombi de más de un millón de ordenadores, non é que non sexa interesante o tema de que se desmantele unha rede importante de zombies, mais unha das cousas que resaltan é

La edad de los detenidos oscila entre los 17 y 26 años. Tres de ellos son menores de edad y una es mujer.
¿Seica as mulleres non saben de seguridade?¿Ou será que son moi boas todas e nunca cometerán delitos informáticos?

Coido que é nestos pequenos detalles nos que hai que traballar para erradica-lo machismo, ó mellor é que non coñecen a Joana Rutowska, famosa no mundo da seguridade por ser un quebradeiro continuo de Microsoft e "nomeada" un dos cinco hackers máis destacados do 2006


Pasiño a pasiño

Ben, non é que agora Microsoft esté no lado do ben pero polo menos vai camiño de, Microsoft abre os seus documentos de especificación de formatos e vai dar soporte a Open Office, será o primeiro paso cara a ve-lo código das súas aplicacións?

Visto via Enrique Dans 1, e 2


Actualización: Ó final o que fixo Microsoft é face-lo que lle impuña a UE, agora ten unha outra multa de 899 millóns de euros sobor da mesa ... xa dicía que algo raro había :D

O comentan en Maestros del Web, Enrique Dans e txipi

Sobre Fascistas

Según la rae

fascista.

1. adj. Perteneciente o relativo al fascismo.

2. adj. Partidario de esta doctrina o movimiento social. U. t. c. s.

3. adj. Excesivamente autoritario.


fascismo. (enmendado)

(Del it. fascismo).

1. m. Movimiento político y social de carácter totalitario que se desarrolló en Italia, en la primera mitad del siglo XX, liderado por Benito Mussolini, y que adoptó como símbolo las fasces romanas.

2. m. Doctrina de este partido italiano y de los movimientos políticos similares surgidos en otros países.

3. m. Actitud autoritaria y antidemocrática que socialmente se considera relacionada con esos movimientos.


Agora decide quen son os fascistas segundo a terceira acepción de fascismo ...

Da gusto ministros así

O noso ministro de cultura (galego para máis sinais) ben podería aprender do ministro de cultura do Brasil, un home que se adapta o tempo no que vive e que non se deixa mangonear polos lobbys culturais???? e extorsionadores que existen no país que so pensan en recaudar máis cartos e non na libre difusión da cultura nin en universalizar o acceso de máis xente ás obras artísticas da índole que sexan (cine, audio, literatura ou mesmo pintura ...)

É triste ver a artistas supostamente de esquerdas que so se moven polo medo a perder os cartos, que ingresan de manera parcial e totalmente antidemocrática, e que nin se plantexan os beneficios de que as súas obras poidan chegar doadamente a países nos que antes o seu acceso sería imposibel e so queren criminalizar ó usuario que quere escoitar as súas creacións ....

Habería que ver se eses mesmos artistas "de esquerdas" seguirían apoiando o tamén de esquerdas??? político ZP se este quixese rematar co canon dixital ....

Instalando WebGoat

Comezo a serie de entradas relacionadas coa solución do WebGoat partindo da base, a instalación da aplicación e doutra aplicación que vainos axudar a solucionar algunhas das probas que temos WebScarab (tamén de OWASP)

Instalación de WebGoat

En realidade non é unha instalación senon máis ben unha extracción de ficheiros nunha carpeta que desexemos. O primeiro que temos que facer é descarga-la aplicación, a data de hoxe a versión é a 5.1 para Windows e a 5.0 para Linux, para iso vámonos á páxina de WebGoat e ali imos ó apartado Releases, facemos click no enlace do código en Google e aparécennos tres ficheiros:
  • un ficheiro .zip que é o que conten a aplicación e que será o que descargaremos
  • outro ficheiro .txt que contén as notas do que hai de novo na versión e unhas preguntas frecuentes
  • e finalmente un ficheiro .pdf que contén información importante sobor da estructura da aplicación que nos servirá en certas leccións para sabe-lo código que temos que modificar para soluciona-lo erro, tamén danos información acerca do esquema da base de datos e da organización da empresa incluindo os accesos ós que están autorizados os distintos usuarios, tamén dinos que o contrasinal dos usuarios é o mesmo que o seu primerio nome

Unha vez descargado o ficheiro .zip o descomprimimos nunha carpeta que queiramos, cando o temos descomprimido na raíz da carpeta aparecerán tres ficheiros, dous de eles son os que nos servirán para executa-lo WebGoat, o webgoat.bat e o webgoat_8080.bat, a única diferencia entre eles é que o primeiro executa o servidor web no porto 80 e se executamos o segundo o servidor escoitará no porto 8080. Executaremos este segundo script no caso de que teñamos xa un servidor web instalado no equipo

Off-topic: se queremos modificar o porto no que executamos o servidor web o único que deberemos facer é buscar o ficheiro server_8080.xml na carpeta tomcat\conf\, este ficheiro o editaremos, e na liña que pon

Sustiuiremos o 8080 polo porto que queiramos, e gardamos o ficheiro co nome de server_porto.xml, logo imos o ficheiro webgoat_8080.bat e o editamos, buscamos a liña que pon
copy .\tomcat\conf\server_8080.xml .\tomcat\conf\server.xml
e modificamos o server_8080.xml polo nome do ficheiro que acabamos de crear e gardamos o ficheiro co nome de webgoa_porto.bat, deste xeito podemos ter configurado un porto no que non permitamos conexións dende fora da nosa rede xa que cando estamos traballando co WebGoat o noso equipo está inseguro

Para poder acceder á aplicación insegura deberemos abrir un navegador web e teclear http://localhost/WebGoat/attack, tede coidado ou http://localhost:porto/WebGoat/attack se o executamos nun porto distinto ó 80. Coidado ó escribir WebGoat, hai que escribilo tal e como está xa que é sensible a maiúsculas e se o poñemos doutra maneira non funcionaría.

Unha vez que accedemos á aplicación pídenos usuario e contrasinal, para ámbolos dous temos que poñer guest, e nos debería aparecer algo como isto




No próximo post falaremos de comoe está estructurada a aplicación e cousas que nos serán útiles para resolver os distintos problemas que nos presenta

Solucioando o WebGoat

Levo un tempo dándolle voltas ó tema de cara onde debe ir este ego-blog, non teño visitas e tampouco estou seguro de se o que busco é ter visitas, pero sí que me gustaría facer algo máis ou menos periódico no blog para coller un pouco de disciplina no tema de publicar habitualmente, así que co galo de que fixen un Master en Seguridade da Información, e que quero profundizar algo no tema tomei a decisión de ir resolvendo os distintos laboratorios e probas que ten WebGoat e ilas publicando no blog, asimesmo tamén tentarei poñer algo de teoría sobre os distintos aspectos que se van tratando en cada apartado para ter un sitio onde consulta-lo no caso de que no futuro teña que revisalo :D

Pero o primeiro de todo será dicir que é iso do WebGoat, pois ben é unha aplicación web deliberadamente insegura que se currou a xente de OWASP (Open Web Application Security Project) e que pretende mostrar os erros máis comúns nas aplicacións web. A miña intención é publicar cada 7-15 días a solución a algún dos apartados da aplicación ata tela toda resolta.

Nesta anotación irei publicando tódalas entradas relacionadas con este tema, o que teño pensado polo de agora é comezar coa instalación do WebGoat e logo pasar a resolver algúns dos problemas que plantexan

Microsoft quere mercar a Yahoo

Según leo en bolsacinco Microsoft fixo unha oferta de merca hostil sobre Yahoo a 31 dólares por título un 62% máis da última cotización da compañía

[12:56] Microsoft lanza una opa sobre Yahoo!
Microsoft, el mayor fabricante del mundo de software, ha hecho una oferta de compra hostil para comprar Yahoo!, por alrededor de 44.600 millones de euros (29.962 millones de euros), o 31 dólares por título. La oferta es un 62% superior al precio de cotización de las acciones de Yahoo! al cierre de ayer. Yahoo! ya rechazó la idea de ser comprado por Microsoft hace un año más o menos. Los futuros americanos reaccionan con fuertes alzas a la noticia.


Podedes velo en En Directo de bolsacinco, a nota é das 12:56

De confirmarse estariamos antes unha das novas tecnolóxicas do século, sóame a bulo pero paréceme raro ... estarei a tento, ¿qué opinará EDans disto?

Actualización
Google News tamén faise eco da oferta, agora falta saber se os accionistas de Yahoo aceptarán ou non, tamén se di que a oferta non será so económica senon que tamén pode incluir accións da propia Microsoft. ¿Estará en disposición de loitar contra Google?

Nova actualización

Segundo bolsacinco o consello de Yahoo vai rexeita-la oferta por considerar que infravalora moito a empresa e di que Microsoft non tivo en conta o posible problema de monopolio que podería botar atrás tódala operación

Tamén lin algo do tema en Microsiervos e máis no blog de Enrique Dans que dan unha información máis detallada e un maior análise

BLOGUZZ-52d27ed344

Pois acabo de darme de alta en bloguzz e para verificar a dirección do blog solicítanme crear un post con este título. Tentarei contar para que sirve este servizo web

Saúdos