Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas

17 de Maio

Este día sempre é especial porque ó feito de que se celebre o Día de internet, dende non fai moito tempo todo hai que dicilo, e que para min Internet supuxo toda unha revelación, todo un cambio na maneira na que me relaciono co mundo e na maneira de obter información ou de aprender a facer cousas novas, eu tamén celebro o día das letras galegas, que leva moitos máis anos celebrándose e que coido é algo máis importante. Este ano está adicado a Xosé María Álvarez Blázquez un escritor polígrafo que demostrou que poden coexistir dous idiomas nunha mesma rexión e non teñen porque ser excluintes

A verdade é que non coñezo a súa obra, pero coido que é moi importante que se homenaxee a unha persoa que escribiu tanto en galego coma en castelán, agora que hai iniciativas moi hipócritas defendendo o uso por igual das linguas cando o que queren dicir é que se use o castelán que é o que esán acostumados. Coido que o galego está nunha situación de desvantaxe respecto do castelán e paréceme ben que dende as institucións debe fomentarse o seu uso inda que nunca compartirei a súa imposición

De tódolos xeitos Feliz Día das Letras Galegas e Feliz Día de Internet

Día das letras galegas

Mañán é o día das letras galegas, hai quen di que é o día de Internet, pero iso é falso, primeiro foi das letras galegas e polo tanto iso é o que hai que celebrar. Como mañán non sei se darei escrito algo (por estas terras é festivo e hoxe tocalle un meneo ó moble bar) xa deixo esta nota para que quede constancia.

Este ano está adicada a María Mariño, poetisa galega totalmente descoñecida por min (abaixo deixo unha cita dun poema seu)

Un par de páxinas relacionadas:

De forte ollar, amiga,
de frío que non se quenta,
Amiga, que eres de todos
e por ninguén esquencida.

Soia co teu silencio
na forza do teu poder,
un por un de cada ser
levas do fin ó comenzo,
descansar a túa fonte.
................................................
E logo d'alí cansiños,
amigo, dinos pra onde?

Deixa, amiga, ós nosos pes,
fríos polo teu ver,
algo do noso sentir,
do són que tí fas fuxir
amiga, por aquil nacer...