Eu prefiro VO e ti?

Ultimamente están moi de moda as series, teñen a calidade de moitas películas e duran máis, non o capitulo máis si a serie, e estou enganchado a algunhas delas, Perdidos, Heroes, House, The IT Crowd, The Big Bang Theory e outras ás que me engancha á miña muller. Gústanme moito e cada unha é diferente e interesante, a primeira destas á que me enganchei foi Perdidos, logo House, logo uns compañeiros de master me falaron dunha serie de informáticos que estaba moi ben, pero que non se podía ver en España e da que so había unha tempada, falaban de The IT Crowd, picoume a curiosidade e decidinme a baixala inda que fora en inglés (non teño mal nivel pero impúñame algo de respeto), iso sí con subtítulos, e púxenme a vela, nunha tarde vinme enteira a primeira tempada e cando a miña muller chegou a casa e estaba a chorar coa risa, a ela picoulle a curiosidade e púxose a vela conmigo e tamén escachaba coa risa. Logo entereime de que seguían a grabar tempadas e baixeinas e vímolas en V.O.S.

O resto de series seguía a velas dobradas en castelán, ata que na quinta tempada de Perdidos estaban tan enganchado e con tanto mono de ver o que ía pasar que decidínme a baixala en VO, fíxeno e o mundo xa nunca foi igual, as voces tórnanse poderosas, con personalidade, axeitadas ao personaxe, os diálogos teñen máis senso, hai detalles que doutro xeito os perdes (é moi difícil traducir directamente dun idioma ao outro sen perder xogos de palabras e demáis), logo de Perdidos seguín con Heroes, posteriormente House, xa dende o principio con Flash Forward (por certo agora se me coincide de vela en castelán non soporto escoitar a doblaxe de Joseph Fiennes, é moi mala), tamén comezamos a ver V en VO e a verdade é que non nos arrepentimos, coido que se gaña moito ao ver as series tal e como foron concebidas. Eu xa estou vendo tamén as películas en versión orixinal e a miña muller xa me di que incluso sen ler os subtítulos está a comezar a entender frases enteiras, ¿e ti porque non te apuntas?

Se queres baixar series e películas en VO pásate por esta web, está moi ben e é moi sinxelo baixar as series e as películas

PD: off-topic, hoxe vendo o oitavo capítulo de Flash Forward dinme conta do acostumados que estamos a certos efectos sonoros, un coche vai polo deserto e as rodas fan ruido de derrape coma se estivesen no asfalto, e a verdade é que non te sorprende escoitalo, é un problema do ouvinte ou do que pon os efectos sonoros que non se preocupa de cambialo axeitadamente?

Que calidade ten a peli que me estou baixando?

Navegando por ai atopei este post no que se fai un moi bo resumo do que son os distintos tipos de videos que te podes atopar por esas páxinas de Deus e que te axudan a ver un número de películas ou series que doutro xeito non poderías (ben por problemas económicos ou por falta de tempo con tanto anuncio polo medio)

Persoalmente non recomendaría ningunha calidade por debaixo de DVD-Screener, é o mínimo para ter unha experiencia de visión e escoitado decente, mesmo nesta calidade moitas veces o audio é moi deficiente e fai que non disfrutes da película como debería ser, pero para poder comprobalo moitas das descargas inclúen unha demo para que aprecies a calidade do video

Agardo que vos sirva

Escribir por escribir

Son moi habituais as listas de 10 motivos para ou por, que inciden en porque é mellor usar unha cousa ou outra, cales son as vantaxes dunha sobor da outra e así. Moitas veces estes motivos están moi ben pensados e moi ben documentados e noutras como é este caso non, é unha lista de 10 razóns polas que firefox é mellor ca explorer, vounas ir escribindo e dando á miña opinión
1. La velocidad: di que é máis rápido Firefox ca Explorer, pode ser que si, pero habería que ver en que condicións, é dicir, se empezas a meterlle complementos a Firefox o rendimento empeza a degradarse notablemente, se abres moitas ventás o consumo de memoria dispárase co que a velocidade vese notablemente reducida, a min persoalmente abrir o firefox lévame do orde de 3 minutos na mentres que IE8 abre case que ao momento

2. La seguridad:
"IE es el paraíso de los creadores de malwares y virus"
Pode ser, pero porque é o máis usado, xeralmente o malware aproveitase máis do mal deseño das páxinas máis ca dos problemas de seguridad do propio navegador. De tódolos xeitos Firefox ten tamén moitas fallas de seguridade. Tamén di que o antivirus chequea as descargas automáticamente, si, se configuras o antivirus para facelo tamén cho fará co IE. Hai complementos moi bos que permiten mellorar moito a seguridade en Firefox, coma son o NoScript, o AdBlock pero iso non é o navegador en sí

3. Los themes: Está ben, podes "vestir" a Firefox ao teu gusto, se para ti iso é algo fundamental xa sabes que navegador escoller

4. Los complementos y plugins: Coido que este é un punto no que Firefox gaña claramente a IE, inda que en IE8 tamén hai complementos inda que non están tan ben coma os de Firefox e non hai tantos, pero hai outras solucións coma no caso de xmarks que instala un programilla para actualizar os teus marcadores en IE tamén

5. Las pestañas: Ou sexa, IE tamén ten pestañas pero en Firefox son unha vantaxe sobor IE, WTF? Ah, si, podes sacar pestañas fora do navegador (co cal xa non usas a pestaña ...) e podes abrir pestañas que pechas accidentalemente, vale, no IE tes que habilitar a páxina de miniaturas para poder ver as últimas páxinas que visitaches, soa moi complicado e moito mellor en Firefox

6. Actualizaciones constantes: Vaia, hai moitas actualizacións de seguridade en Firefox, pero a seguridade non era unha das mellores cousas de Firefox? En Microsoft teñen un calendario de actualizacións programado cos boletíns de seguridad, pode que non che guste o seu método pero coido que nese senso están máis ou menos iguais

7. La privacidad: Este é un punto que ten mellor traballado Firefox e un dos que máis me gusta deste navegador. De tódolos xeitos a posibilidade de navegar de forma anónima a temos en IE dende a versión 8 co InPrivate

8. Restaurar sesión: Tamén un bo punto para Firefox, nada que comentar

9. Efectivo bloqueo contra publicidad: Neste senso coido que están á par, podes deshabilitar a aparición de novas ventas por defecto e non noto moita diferencia, iso sí, se lle engades os complementos axeitados a navegación en Firefox é máis limpa inda que tamén algo máis lenta e poida que máis incómoda

10. Adminsitrador de contraseñas: Grazas a esta característica calqueira que teña acceso ao teu ordenador terá acceso a tódalas túas contas, sinceramente non me parece unha vantaxe, e máis se usas equipos públicos, en IE podes facer que che lembre o teu contrasinal nas páxinas que cho solicita

Dito todo isto, coido que Firefox é máis completo que IE, a min gústame máis, úsoo a diario inda que tamen uso IE e Chrome, o que decanta que Firefox sexa o meu navegador por defecto son os complementos, agora mesmo estou escribindo esta entrada dende ScribeFire que me resulta moi cómodo xa que mentras escribo pode ver a páxina e así o teño máis fácil para resumila. A idea deste post era criticar que se escriba sen probar todos os axentes implicados, o post estaría moi ben se se titulase os 10 motivos porque me gusta Firefox, pero supoño que vende máis a confrontación con IE. Do mesmo xeito quería comentar este post, pero como non ten nin pés nin cabeza xa nin me molesto

Actualización 14/11/2009: Hoxeo vexo un post no que se falan das vulnerabilidades dos navegadores web, sabedes cal é o que máis ten?