Novas absurdas

Xa o vin onte na televisión, seica en Polonia non lles gustan os homosexuais e andan a tentar separalo xa na escola, pero non contentos con isto agora investigan se os Teletubbies invitan á homosexualidade, iso era algo que xa todos sabiamos non? Vamos ata onde imos chegar

PD: por certo falando de homosexuais van facer outra película do xoguete máis homosexual que coido que tiven

Centenario do duke

Este mes cumpriuse o centenario de varias estrelas de Hollywood, entre elas Laurence Olivier e Katharine Hepburn ambas sobresaíntes, pero eu quédome co duke co único actor que con só velo xa pensabas nun duelo a revólver, pra min é a esencia do western (o meu xénero favorito) e inda que non comparto para nada os seus ideais (cheguei a escoitar unha frase que se supón súa na que dicía que os negros so servía para lle limpa-las botas) e non é o mellor actor que vin nunha pantalla tiña algo que facía que case todas as súas películas foran magníficas (tal vez o director) e por iso vos poño un par de enlaces para que poidades (i eu tamén) saber un pouco máis deste carismático actor

Na wikipedia en castelán, [aqui en inglés]
El cine de lo que yo te diga: 1 y 2
En el imdb
En todo cine
En el criticon
Su lugar de nacimiento
Su página oficial

Videos realmente frikis

Repasando enlaces por ai perdidos atopei estes dous videos da man de txipi, do que son alumno nun master que estou facendo e do que sempre se pode sacar algo positivo, neste caso estes dous videos son dos mellores que vin nos últimos tempos ....

Os fans de Star Wars




E para eses que non saben como dicirllo á moza ....

Día das letras galegas

Mañán é o día das letras galegas, hai quen di que é o día de Internet, pero iso é falso, primeiro foi das letras galegas e polo tanto iso é o que hai que celebrar. Como mañán non sei se darei escrito algo (por estas terras é festivo e hoxe tocalle un meneo ó moble bar) xa deixo esta nota para que quede constancia.

Este ano está adicada a María Mariño, poetisa galega totalmente descoñecida por min (abaixo deixo unha cita dun poema seu)

Un par de páxinas relacionadas:

De forte ollar, amiga,
de frío que non se quenta,
Amiga, que eres de todos
e por ninguén esquencida.

Soia co teu silencio
na forza do teu poder,
un por un de cada ser
levas do fin ó comenzo,
descansar a túa fonte.
................................................
E logo d'alí cansiños,
amigo, dinos pra onde?

Deixa, amiga, ós nosos pes,
fríos polo teu ver,
algo do noso sentir,
do són que tí fas fuxir
amiga, por aquil nacer...

Tanta lotería é imposible

Coma sempre Microsiervos é unha fonte de recursos fantástica, aqui poñen a estatística que tería que cumprirse para que o señor Juan Antonio Roca (por chamalo dalgunha maneira) puidera xustifica-la esaxerada cantitade de sorte que tivo ...