Mostrando entradas con la etiqueta internet. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta internet. Mostrar todas las entradas

Sobor da lei Sinde

A non ser que leves meses sen conectarte a Internet ou sen ver os telediarios, estou seguro que saberás o que é a lei Sinde. Non quería deixar de escribir o que penso sobor do que tentou facer o goberno, inda que penso que hai moitos outros que o fan mellor ca min.

De entrada temos un problema, os lobbys de xestións de dereitos queren recadar máis cartos, non se lles ocorre outra maneira que dicir que calqueira soporte no que se poida almacenar un ficheiro é susceptible de almacenar música "ilegal", co que temos que gravalo cun canon (este sí que ilegal), e así nestes reis nos que probablemente terás mercado algún mp3, reproductor de dvd, cámara de fotos ou case que calqueira aparello tecnolóxico, unha parte desa recadación automáticamente irá para eles, xa que todos somos culpables a priori

Con estes antecedentes non chegaba, chegou EEUU, sustiuiron ao ministro de turno e nomearo a outra peor, pensaron que o que tiñan que facer era domiñar esas webs que gañan millóns de euros (hai que ser ignorante para pensar iso), e non podían agardar que un xuiz pechase a web coa que estaban a perder esas millonadas, co que o mellor era que unha comisión dependente de cultura puidese pechar esas webs cando lles petara (uhhhmmm, liberdade de expresión?, presunción de inocencia?, bah, non importan) e asi meteron na Lei de Economía Sostible unha lei que permitía facer isto. Armouse a de Troia, toda internet botouse á rede para que non saíra adiante esta lei, e mira ti por onde que o acadaron, logo veu a reunión con Alex de la Iglesia e así estamos ata agora

Eu coido que con estes movementos o goberno non fai máis ca o ridículo, se se adicase a buscar solucións á crise, sen axudas de quita e pon, sen movimentos para a galería, a todos nos iría moito mellor. Tentar limitar as descargas en internet é unha quimera, Francia e Suecia xa o están comprobando. Non ten senso que a propiedade intelectual se sustente nun ficheiro dixital, a propiedade intelectual é algo distinto, se a xente se descarga estes ficheiros é porque o que lle dan os artistas nun CD orixinal non vale máis pero sí que o cobran por máis, se queres gañar cartos ofrece algo mellor a mellor prezo, ou fai máis concertos, o directo é algo (a día de hoxe) insustituíble. Se queres cobrar menos polos cd's e seguir a gañar o mesmo elimina intermediarios que non aportan nada, só aumentan o prezo do producto final. Os internautas están dispostos a pagar por contidos de calidade a un prezo razoable, só hai que saber escoller o teu modelo de negocio e implantalo

Asemade tamén é xusto suliñar que non todos os artistas están a favor desta lei e que os hai que teñen senso común, inda que sexa unha excepción

PD: son moi interesantes as ligazóns dos artigos referenciados, merece a pena botarlle unha ollada nestas dats de vacacións

Facilitando a vida mentres navegas

Teño que recoñecelo, son moi vago, e como son tan vago sempre busco a maneira de simplificar o que fago. Aparte de vago tamén penso que hai xente por ai que traballa arreo e que me poderá facilitar a vida. Hoxe vouvos contar o que fago para que a miña vida "on-line" sexa máis sinxela e levadeira

Cando te metes en Internet eu distingo varias "tarefas":
  1. Informarte / actualizarte: pois iso, consultar ás últimas novas das páxinas que máis che gustan, poden ser xornais, blogs, portais de humor, mesmo youtube ...
  2. Socializar: irte ao facebook a por a parir ao teu amigo, compartir algo cos teus amigos no facebook, mandar algún mail, twittear algo ...
  3. Xerar contido: ben sexa publicar un post, subir fotos ou o que sexa que che apetece
  4. Resaltar información: ben sexa ese artigo que queres ler máis tarde con calma, ou queres gardalo para telo máis adiante, ou é unha boa idea para regalar a un amigo
O que vos vou comentar está ben para min porque uso unhas aplicacións determinadas e uns servicios web tamén concretos, pero pode servirvos para pensar que probablemente poidades optimizar o tempo que pasades fronte ao teclado e así invertilo mellor no que realmente queredes facer.

Se sempre visitas os mesmos sitios a túa mellor opción será utilizar un agregador de feeds, básicamente servirache para ver se a páxina que visitas publicou algunha nova que non teñas lido e ofreceche o título da mesma e así escoller se o queres ler ou non, hai moitos agregadores, busca un pouco na web e proba varios para ver cal é o que se adapta mellor a ti, no meu caso uso Google Reader, dende aqui podes ver o que me vais gustando das miñas suscripcións. Para suscribirte deberás procurar este icono , e se premes nel levarache á páxina de suscripción. O que pasaba era que cando me gustaba algún sitio e quería engadilo ás miñas suscripcións tiña que ir ao Google Reader e meter ai a web, ben, podes usar un bookmarklet para engadir a suscripción dunha maneira sinxela, simplemente arrastra esta ligazón, Suscribirse, aos teus favoritos e así cando atopes unha páxina que che guste e queras seguila simplemente preme no favorito e che levará a Google Reader para que completes a suscripción. Outro bookmarklet que uso algunhas veces e o de compartir con nota, se non queres suscribirte pero queres compartir esa nova que atopaches podes facelo de igual xeito arrastra a ligazón anterior aos teus favoritos e listo :D

Ben, agora que xa reducimos o tempo de ver as páxinas que máis nos gustan imos falar un pouco cos amigos, se queres compartir algo en Facebook dunha maneira sinxela o propio Facebook ten un bookmarklet para compartir cousas, o podes ver se vas aos teus enlaces, aparece á dereita Compartir en Facebook. Outros servicios web coma Youtube, ou Spotify xa teñen a súa propia opción para compartir elementos directamente en Facebook.
Agora, para publicar algo en Twitter o que utilizo é o complemento de Firefox TwitterBar, o cal me permite actualizar Facebook dende a barra de direccións, se non usas Firefox poderías probar algún dos múltiples clientes que hai para Twitter, e logo despois so necesitas a aplicación de Twitter para Facebook para poder actualizar o estado de Facebook cada vez que actualices o estado en Twitter

Cando quero escribir un post o que fago é utilizar ScribeFire, é outro complemento de Firefox que me permite seguir navegando na mentres escribo nunha xanela debaixo do que é a páxina web en sí, o que me aforra tempo e faiseme moi sinxelo. Para subir as fotos utilizo picasa, ao ter unha conta en google é moi sinxelo e ademáis gústame a súa apariencia, aqui podes ver as miñas fotos

Finalmente cando atopo algunha páxina interesante e que coido que vou voltar a visitra a gardo nos meus favoritos, pero cunha particularidade, teño instalado o complemento de XMarks, que ten unha versión para Internet Explorer (dun xeito algo rudimentario pero que lle imos facer) para ter sincronizados os meus marcadores en distintos ordenadores e así non andar pendente de almacenar os teus marcadores no equipo de casa e no da oficina. Tamén utilizo outro complemento ReadItLater cando atopo algo que me interesa ler con calma e no momento non podo nese momento, polo que vexo na súa páxina web tamén pode instalarse para outros navegadores e para outros dispositivos, iso terei que probalo :D

Finalmente outra aplicación web que uso é Remember The Milk, moi útil se queres ter listas de cousas para facer (seguindo a filosofía GTD) ou para listas de desexos, películas favoritas ou o que se che ocorra, aqui podes ver algunha das cousas que me podes regalar ;-), como non tamén ten o seu bookmarklet para engadir unha tarea

Ao final saiume un bo chorretón de post, so agardo que a alguén lle sexa útil e poida facer uso dalgunha das ideas para facer a vida máis fácil

As leccións da vida (corroborando información)

Hoxe, tras o meu frustado asalto á riqueza, lembreime dunha reseña que lin no XL Semanal que falaba dunha señora de 90 anos que tiña un blog e que falaba das leccións da vida. Tras pasar un rato buscando a referencia decidín buscalo en Internet, e aparecen moitas referencias, metinme na primeira, a revista namaste, pero vexo que está en castelán e sen ningunha referencia ao orixinal (sabía que non era española) co que me mosqueou ... Entón fago outra cousa, vexo que as leccións na revista namaste están escritas por unha tal Regina Brett, a busco en Internet e cal é a miña sorpresa que aparece unha señora que non aparenta ter os 90 anos que se supón que tiña. Póñome a ler o que di e seica que as 50 leccións da vida escribiunas cando cumpriu os 50 anos alá na lonxana data do 2006 (WTF!), de feito na súa web xa avanza que non ten 90 anos

Ben, as súas leccións da vida seguen a ser tan válidas coma se tivese 90 pero xa lle quita un pouco de graza ao asunto ;-), de tódolos xeitos sempre antes de crer algo que les ou que ves na televisión, verifica as fontes, asegúrate de que é verdade o que din, non vale, o di o Telediario, no Telediario traballan xente coma ti ou coma min e todos metemos a pata, ten as túas propias ideas, non pasa nada senon son as da maioría ou se te levan a moitas discusións, se leal a ti mesmo e non te deixes influir polo que escoites ou vexas

Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en Internet

Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que ...

  1. Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitosfundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, a seguridade, a presunción de inocencia, á tutela xurisdicional efectiva e a liberdade de expresión.


  2. A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sindo unha competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen unha sentenza. Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da
    Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de poder impedir o acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.


  3. A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando unha das poucas áreas de desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultando a creación de empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa expansión internacional.


  4. A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta a creación cultural. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industria culturais, se non de moitas fontes distintas.


  5. Os autores, como todos os traballadores teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades relacionadas coas súas creacións. Tentar de soster con modificacións lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baséase no control das copias dos traballos e na Internet non é posíbel sen violar os dereitos fundamentais, haberán que atopar un outro modelo.


  6. Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de alternativas modernas, eficaces, credíveles, accesíbeles e que atendan os novos usos sociais, en vez de limitacións tan esproporcionadas coma ineficaces para o fin que afirman perseguir.


  7. Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas patrocinadas por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sindo libre.


  8. Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en España, ante calquera presión que poda ocorrer, como un marco para o desenvolvemento dunha economía realista e sustentábel para o futuro.


  9. Propoñemos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.


  10. Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as partes implicadas. É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata de outro tema.



Copiado de Microsiervos

Volve o Ministro de Cultura

Xa volvemos á grella, o malo é que a maioría da xente non se entera de isto e cada vez que falas con alguén tes que explicarlle que descargar material de internet non é ilegal mentres non haxa interese económico polo medio ... non como pon nas 10 mentiras

Descarga todo o que queiras mentres non queiras sacar beneficio económico desa descarga

Visto en mangas verdes e Enrique Dans

Firefox - about:config

Neste post que tentarei ir actualizando cada pouco tempo vou ir metendo as distintas opcións que podes configurar no Firefox (no meu caso na versión 3) usando para elo a dirección about:config

  • color profiles: gfx.color_management.enabled, poñelo a true, visto en edans
  • número descargas simultáneas: network.http.max-connections-per-server, poñer o número que necesitedes. Este parámetro aumenta o número de conexións cun servidor en concreto o que posibilita que se queres baixar moitos ficheiros dun mesmo sitio esta sea a túa opción
  • aviso de plugins: plugin.default_plugin-disabled, se o pos a true avisarache de cando necesites instalar un plugin, se o pos a false non che avisará, útil no caso de que queiras ter un navegador sen nada instalado a maiores ou se non o podes instalar (por exemplo no traballo)
  • cambio de idioma: general.useragent.locale, pos o locale que corresponda co teu idioma-país e listo (tes que reiniciar Firefox para que colla o cambio), para o galego gl-ES, visto en Que che vou contar ...
  • desactiva-la "barra alucinante" ("AwesomeBar"): browser.urlbar.matchonlytyped a true, visto en Pisito en Madrid
  • cambia-lo axente do navegador, por exemplo para acceder dende linux a hotmail: general.useragent.vendor, poñendo Firefox déixate acceder a livemail (a.k.a. hotmail). Grazas mmeixide
  • abrir un porto https: network.security.ports.banned.override, se non existe a creamos e metemos os portos que desexamos que usen o protocolo https separados por comas, visto en ¿cómo hacer para?
  • deshabilitar a compatibilidade de add-ons: é dicir, tes unha nova versión do Firefox e queres que os teus add-ons continúen funcionando, temos que crear dúas entradas, unha extensions.checkCompatibility e poñela a false e a outra extensions.checkUpdateSecurity e tamén poñela a false, visto en Lifehacker
Estes son algún exemplos que tentarei ir aumentando a medida que vaia probando máis, eu so che digo o que fan ti faste responsable de usalos ben, non me veñas despois dicindo que tes moitas conexións abertas ou que non sabes o plugin que necesitas ;-)

Tedes toda a documentación de about:config na kb de Mozilla

Actualización 07/11/08: engado a opción de cambia-lo axente do navegador por cortesía de mmeixide

¿O teu ISP está "capando" o tráfico P2P?

Ultimamente estase falando moito sobor de se os ISP están ou non penalizando o tráfico P2P por riba doutro tipo de tráfico, a través das fontes diarias de Enrique Dans chego ata esta ferramenta que seica fai unha análise do rendemento da túa conexión no tráfico P2P fronte a outro tipo de tráfico para determinar se a túa operadora é maligna ;-)

Pola miña parte vouno probar e comentarei os meus resultados

A meu proveedor de acceso a internet (e de telefonía fixa, de televisión por cable e de móbil) é R

Actualización:

Acabo de ver esta url, na que se fala de maneiras de evita-lo bloqueo do teu ISP ó tráfico BitTorrent

Actualización (II) 29/01/09:

Seica google e outros asociados veñen de publicar unha serie de ferrramentas para testear se o teu isp está a penalizar o teu tráfico dalgunha maneira

visto en Slashdot