Mostrando entradas con la etiqueta homosexual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta homosexual. Mostrar todas las entradas

A televisión pode contaxiar a homosexualidade

Ou iso debeu ser o que pensaron na RAI para censurar a película Brokeback Mountain (que gañou 3 Oscars) nas súas esceas máis íntimas. Supoño que as radiacións que parten da televisión poderían influír nas descoidadas mentes dos raparigos (e non tan raparigos) que estivesen vendo a película e caer enfermos nesa enfermidade chamada homosexualidade, incrible que estemos no século XXI e aínda ocorran cousas como estas

¿Qué farán cando boten películas como El último tango en París, El imperio de los Sentidos, 9 semanas y media ou Instinto Básico? Pois seguro que máis dun na RAI practicará un cinco contra un con tódalas súas gañas

Visto na Voz de Galicia

Novas absurdas

Xa o vin onte na televisión, seica en Polonia non lles gustan os homosexuais e andan a tentar separalo xa na escola, pero non contentos con isto agora investigan se os Teletubbies invitan á homosexualidade, iso era algo que xa todos sabiamos non? Vamos ata onde imos chegar

PD: por certo falando de homosexuais van facer outra película do xoguete máis homosexual que coido que tiven