Mostrando entradas con la etiqueta google. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta google. Mostrar todas las entradas

Xa podes traducir ao galego

Dende primeiros de mes está dispoñibel o galego como idioma para traducir usando a páxina de traducción de google e non se me ocorreu outra cousa que comparar a traducción de google coa de a voz de galicia usando este artigo, os resultados: o de google e o da Voz de Galicia. Polo que vexo xa no título aínda lle queda moito por mellorar :D

Visto en google.dirson.com

Street View na Coruña

Leo hoxe no diario Qué!, que o coche que Google utiliza para fotografar ás rúas estivo na Coruña, a verdade é que non tiña nin idea nin lin nada por ai. Tampouco atopei a nova na edición dixital do diario senon que a vin na edición en pdf, ¿alguen sabe algo? A verdade é que sorpréndeme que xa estén por Coruña habendo moitas cidades que visitar .... a ver se pronto se pode ver na web ;-)

Actualización: confirmáronse as miñas sospeitas, leo hoxe que o coche de Google seica está (ou estivo) por España pero por A Coruña non se achegou, imos ter que esperar algún tempo ;-)