Mostrando entradas con la etiqueta crise. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta crise. Mostrar todas las entradas

Un exemplo de empresa

Hoxe lendo o meu feed de blogs atopeime con este post do blog salmon, no que ven a falar do que está facendo unha grande empresa como Toyota durante a crise, e ¿que é iso? Pois fortalecer o que eles consideran o seu primeiro activo, os traballadores, dándolles formación e facendo que fagan traballos útiles pero non os seus propiamente (limpar e pintar a fábrica, simulacros, ...) porque se ven coido que unha empresa non ten porque compartir os seus beneficios na mentres te pague o que acordaches tampouco ten porque desfacerse de ti ás primeiras de cambio

Se podedes facelo chegar ós RRHH das vosas empresas

A crise afecta a todo o mundo

Estaba eu moi preocupado por se Ronaldo podería ou non mercar pan, o seu salario (4,6 millóns de euros ó ano) non lle debe chegar a nada, país!!!!!!

A crise da construcción

Non o poido aturar máis, o teño que dicir inda que ninguén me escoite (a lo menos eso din as estatísticas). A xente da construcción leva anos enriquecéndose a costa dun excesivo optimismo do mercado, dunha boa situación no interese ó que se daban as hipotecas e moi pouco control da xustiza que desenvocou en non poucos casos de corrupción e destrozos de paisaxe urbanístico. Pois agora que se lles di que non se lles vai a axudar e que teñen que capear o temporal (como teñen que facer tódolos mortais) protestan e din que non se pode frivolizar .... sen comentarios

Tamén quería falar sobre os nosos políticos, por un lado o PSOE, que durante toda a campañan electoral non falou de crise, nin de desaceleración nin de nada polo estilo na economía, i en canto gañan as eleccións din que si que hai algo, só por iso para min deberían estar inhabilitados ou algo polo estilo, ¿non é eso unha mentira en toda regla?¿non debería haber un código ético nas campañas electorais?

Doutra banda o PP, desta volta non gañaron as eleccións e un par de meses despois vanse dous dos seus cabezas de carteis e que de seguro que foron o motivo de moitos dos votos que levou o partido, ¿non debería penalizarse que alguén poida sair elexido e se non hai un motivo ben xustificado (e non o meramente económico) non puidera abandoar as súas obrigas para con todos nos?

En fin, a seguir mantendo a estes ladróns (e a outros) e procurar que a crise non nos afecte en demasía