Mañán é o día das letras galegas, hai quen di que é o día de Internet, pero iso é falso, primeiro foi das letras galegas e polo tanto iso é o que hai que celebrar. Como mañán non sei se darei escrito algo (por estas terras é festivo e hoxe tocalle un meneo ó moble bar) xa deixo esta nota para que quede constancia.Este ano está adicada a María Mariño, poetisa galega totalmente descoñecida por min (abaixo deixo unha cita dun poema seu)
Un par de páxinas relacionadas:
- Páxina oficial: http://www.diadasletrasgalegas.com/ (non parece que a actualicen moito)
- Sumalas dúas cousas: http://www.maisinternetmaisgalego.org
- Páxina de software libre en galego (por iniciativa da xunta e que recentemente cumpriu un ano): http://www.mancomun.org
- Un referente da cultura galega: http://www.culturagalega.org
De forte ollar, amiga,
de frío que non se quenta,
Amiga, que eres de todos
e por ninguén esquencida.
Soia co teu silencio
na forza do teu poder,
un por un de cada ser
levas do fin ó comenzo,
descansar a túa fonte.
................................................
E logo d'alí cansiños,
amigo, dinos pra onde?
Deixa, amiga, ós nosos pes,
fríos polo teu ver,
algo do noso sentir,
do són que tí fas fuxir
amiga, por aquil nacer...