Este ano está adicada a María Mariño, poetisa galega totalmente descoñecida por min (abaixo deixo unha cita dun poema seu)
Un par de páxinas relacionadas:
- Páxina oficial: http://www.diadasletrasgalegas.com/ (non parece que a actualicen moito)
- Sumalas dúas cousas: http://www.maisinternetmaisgalego.org
- Páxina de software libre en galego (por iniciativa da xunta e que recentemente cumpriu un ano): http://www.mancomun.org
- Un referente da cultura galega: http://www.culturagalega.org
De forte ollar, amiga,
de frío que non se quenta,
Amiga, que eres de todos
e por ninguén esquencida.
Soia co teu silencio
na forza do teu poder,
un por un de cada ser
levas do fin ó comenzo,
descansar a túa fonte.
................................................
E logo d'alí cansiños,
amigo, dinos pra onde?
Deixa, amiga, ós nosos pes,
fríos polo teu ver,
algo do noso sentir,
do són que tí fas fuxir
amiga, por aquil nacer...
No hay comentarios:
Publicar un comentario