Visita privada???

¿Alguén sabe o que é unha visita privada? Polo que entendo do que fixo o goberno con Obiang debe ser cando alguén que ten moitos cartos e poder i é moi malo, e ven a casa pero non queres que o edificio o tome como que te cae ben, e o que fas e dicir que é privada, despois todo o edificio vai a estar con el, pero a visita segue sendo privada

Será que o Goberno quere petróleo pero non lle gusta que se saiba que o merca a un dictador que non respeta os dereitos humáns??? Coido que non, serán imaxinacións miñas ....

Era la única solución?

Parece que o tempo pon a cada un no seu sitio e agora leo un par de cousas na web que me fan reflexionar, primeiro en Microsiervos unha anotación que reflexiona acerca de se as medidas que se toman para evita-los ataques terroristas son efectivas ou non, despois no Pais leo unha nova que di que a guerra de Irak non arranxou nada senon que inda foi a peor a ameaza terrorista

E inda haberá xente que defenda a guerra como necesaria, ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡sempre hai outra solución!!!!!!!!

Un disco para tódolos formatos?

Leo esta nova en BarraPunto, os tres formatos actuais (algún inda en desenrolo) de DVDs, o propio DVD, o HD-DVD e o Blu-ray, poderían ter soporte nun só "DVD" o que acabaría cos problemas que está tengo agora o sector no que non se sabe cara onde irán os tiros neste senso

Coido que o futuro será unha solución híbrida deste estilo ou sinxelamente un reproductor que lea tódolos formatos

Errores ortográficos

Ás veces as presas lévannos a non prestar toda a atención que merece o que escribimos e cometamos erros imperdoables noutras ocasións, pero se inda por riba traballas pra un medio de comunicación deberías ter máis coidado nesta imaxe como se confunde o ll co i grego no xerundio do verbo ir




Sei que é un erro e a persoa que o escribiu sabe exactamente como se escribe pero estas son as cousas que hai que coidar cando traballas na prensa escrita. A nova (non sei se estará arranxado o erro podes lela aqui

Día del Programador

Onte foi o Día do Programador e dende esta páxina quero facer unha mención especial a esa especie xeralmente tan explotado e denostada como é o programador e por extensión o informático (xa que a xente non o sabe distinguir, se programas sabes arranxar un ordenador sexa cal sexa o seu problema ....). Se coñecedes algún felicitadeo e animalo a que siga coa súa profesión que inda hai xente que cre neles :D

Os mendigos son o problema

Leo hoxe na Voz de Galicia que unha tenda de A Coruña recolle firmas contra os mendigos que nas noites durmían na entrada da súa tenda. ¿E porque non recolle firmas en contra da policía que é quen permite que os mendigos durman alí, porque non recolle firmas para promover máis centros sociais onde os mendigos poidan durmir?

Propoño unha recollida de firmas en contra desta tenda, se estades dacordo podedes facer un comentario para reflexalo

Xente espabilada

Hoxe leo esta nova na Voz de Galicia que me fai pensar dúas cousas

1.- Hai xente moi espabilada polo mundo adiante
2.- Xa sei a cervexa que quero para a miña voda

35 anos sen o lagarto

Xa van 35 anos dende a morte de Jim Morrison, cantante e líder do meu grupo favorito The Doors, hai quen di que está vivo e que todo foi unha montaxe para eludi-la cárcere pero eu só sei que a súa música e a súa imaxe están cada vez máis de actualidade nesta sociedade na que a liberdade está tan oculta i el representaba todo o que hoxe non se ve

There's a killer on the road
His brain is squirming like a toad
Take a long holiday
Let your children play
If you give this man a ride
Sweet family will die
Killer on the road

Xogamos coma nunca e perdemos coma sempre

Moita xente estaba moi ilusionada coa actuación da selección española neste mundial, inda que poida parecer ventaxista non tiña moitas esperanzas de que a selección pasase a ronda, mais teño que dicir que cando vín o partido prefería que pasase antes ca Francia. O equipo galo xogou un partido moi táctico e o español non rendeu como se cría que podía facer (inda que non se enfrentara a un equipo realmente potente), finalmente Ucrania está en cuartos i España vaise para a casa

Diferentes visións dunha noticia

É curioso ver como os distintos medios de comunicación tratan as mesmas novas aqui podedes ver un exemplo Nova segundo El Pais, nova segundo La Voz de Galicia.

Como di o meu sogro do que te conten non creas nada e do que vexas só a metade (neste caso o que leas)

Bill Gates retírase en 2 anos

Este é o email que lles mandou os seus empregados para informarlles dos seus futuros proxectos á fronte da Bill & Melinda Gates Foundation, ¿qué ocorrerá no futuro?¿seguirá Microsoft sendo o referente (ó menos económico) da informática mundial? Só o tempo o saberá, de momento xa hai dúbidas sobre o futuro de Steve Ballmer na empresa

P.D.: un tío curioso este Ballmer

A miña voda

Desmarcándome un pouco da temática xeral do blog, hoxe vou falar un pouco da miña vida. O próximo 22 de Xullo cásome, e pola igrexa!!!!!!, non son crente nin practicante e son católico porque os meus pais bautizáronme pero sen pedirme a miña opinión. O tema é que hai moitas cousas asociadas ó casamento, no meu caso por exemplo, mudanza, gastos varios e importantes, visitas a familiares case esquecidos, decisións do estilo ¿qué flores na mesa?¿e na igrexa?, cousas dese estilo, pero o máis importante, para min, é a lúa de mel.

No meu caso fago unha viaxe que sempre quixen, a costa Oeste de EEUU, comezo en San Franciso (3 noites), logo alugamos un coche e imos a Yosemite (1 noite), despois coche outra vez cara a Lake Mammoth (1 noite), pasamos entón a Las Vegas (2 noites) onde faremos unha excursión ó Gran Cañón en helicoptero, avioneta e barco, despois imos a Los Angeles (3 noites) para finalmente coller un avión e ir a Maui (5 noites), non sei se a todo o mundo lle gostaría esta viaxe pero pódovos asegurar que eu non mexo dende que decidimos que iamos facela.

A miña intención e levar un ordenador portátil e se me quedan gañas ó mellor contar algo do que vexa por alá para ter un pequeno diario do que fixen na miña lúa de mel. Tentarei actualizar algo máis a miúdo este blog

Saúdos

Galiza en internet

Hoxe escribo estas liñas para facer mención a algunhas páxinas que merecen a miña atención por estar pensadas para promove-lo uso do galego na web.

Aqui temos unha páxina oficial da Xunta mancomun.org - Iniciativa galega polo Software Libre pretende ser o punto de encontro das diferentes iniciativas sobre Software Libre que se están desenvolvendo dende os diferentes ámbitos: institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc.

Proxecto Trasno, tradución do software libre ó galego

Tradución automática en código aberto, pois iso

A wikipedia en galego, a versión do wiki en galego, moi boa

Finalmente se queremos podémonos dar unha volta por culturagalega.org para ver o que se move en Galiza nos últimos tempos e ver que o idioma galego está moi presente nesta comunidade

Xente para todo

Sabedes en qué día estamos, si, o 25 de Maio de 2006, pero que se festexa o 25 de Maio? Pois nin máis nin menos que o día do friki, si señor, esa xente que se adica a masturbarse pensando na princesa Leia ou que pasan o día xogando o rol e querendo domiña-lo mundo.

Alédome de que haxa este día, se hai días para o amor, o sida, ou as compras porque non para os frikis? E se vedes a alguén cunha toalla pensade que pode ser un autoestopista galáctico co que non lle dedes máis importancia (se o vedes hoxe, outro día ó mellor sí)

Ben pois non sei se foi un friki, un autoestopista galáctico pero esta canción góstame máis cá orixinal, tal vez hai que pulir un pouco a linguaxe pero é máis simpática




Saúdos e que a forza vos acompañe

Políticos de vergoña

Estou nun periodo no que non podo adicar todo o tempo que desexo a este blog e que ademais quero cambiarlle o formato para aproveitar todo o ancho da páxina polo que desculpade pola falta de entradas nos últimos meses.

De tódolos xeitos non podía deixar pasa-la oportunidade de comentar un feito que ocorreu no Congreso dos deputados (por certo non vos parece incrible que poidan faltar todo o que queiran e lles sigamos a pagar???A min paréceme aberrante, pero iso será tema doutro post), pois o caso foi que un deputado (suponse que cunha educación superior) foi expulsado do Congreso tras recibir varios avisos do presidente do congreso, según uns por graves insultos ó Ministro de Defensa e según outros por levanta-la voz un chisco máis da conta. Fora o que fora en calqueira caso paréceme que é un insulto a todos aqueles ós que suponse que representan, que somos todos nós, o queiramos ou non, pero con representantes así non sería mellor vivir nunha anarquía ou que nos gobernasen os nenos da gardería???? Unha vez máis os políticos decepcionanme

Xa fai moito tempo

Xa fai moito tempo que non escribo no blog, gostaríame escribir máis e prestarlle máis atención mais o traballo, a miña vida persoal (en poucos meses cambio de estado civil) i en xeral un pouco de vagancia non me deixa tempo para moito. De tódolos xeitos voume facer eco de dúas cancións que o están a rachar, a primeria e "Amo a Laura" unha oda á castidade e o amor puro feita pola MTV para critica-lo puritanismo existente na sociedade actual




e ademais a tamén archifamosa xa canción do koala "Opá yo viazé un corrá"




Ben, agardando que a miña aparición por estes lares sexa máis a miúdo despídome xa ;-)

Parabens

Hoxe anunciouse un alto ó fogo permanente por parte da banda terrorista armada ETA, esta nova debería enchernos de ledicia á falta da confirmación que poida haber no futuro de que esta nova non só é unha estrataxema para poder reforzarse como xa fora noutra ocasión senon que é unha declaración de intereses cara a acada-la paz neste territorio

Vídeo del momento

Merenguitis na Cadea Ser

Adoito escoita-la cadea ser cando escoito o fútbol porque me divirten, inda que cada vez estou máis convencido de que son fanáticos máis ca profesionais. Tras dúas ou tres victorias do Mandril (perdón Madrid) xa dixeron que o Arsenal non estaba á altura dos brancos, que era un equipo mediocre, do medio da táboa de España que non era mellor co Sevilla, e isto o dicían tódolos comentaristas sen excepción.

Tra-lo partido de onte xa non sei que pensar se son fanáticos ou se non teñen nin idea de fútbol, dicir que un equipo con Henry, Reyes, Ljunqberg, Adebayor, Cesc Fábregas, Pires e compañía é mediocre é pouco menos que unha aberración, e ó final do encontro dicía que fora o Madrid o que non xogara o seu nivel, xa non se lembran da derrota en Zaragoza

En definitiva, non só nos temas políticos os locutores expresan as súas ideas / desexos, tamén nos deportes atopamos este problema

Cultura na web

Son afeccionado a ler foros ou blogs na web e cada día vexo moitas faltas ortográficas, coido que eu tamén as cometo, pero son máis de acentuación ca de significado ou de cambiar b's por v's ou quitar / engadir h's

Na miña opinión penso que se queres escribir algo, xa sexa en internet, nun libro, nunha carta, no teu diario, no móbil, non tes que descoidar a túa escritura, está claro que no móbil hai que tentar gañar caracteres aforrando algúns e pode disculparse, tampouco estou dicindo que eu escriba moi ben pero procuro fixarme e non meter burradas. Un dos caso máis claros e que máis me doen á vista é o de "A ver" por "haber", case cada día vexo que se utiliza o segundo cando se quere utilizar o primeiro e a min paréceme que a diferencia entre un e o outro está ben clara, de tódalas maneiras deixo a definicón de haber por se a alguén lle xorde algunha dúbida

haber (sacado de la RAE)
(Del lat. habēre).
1. aux. U. para conjugar otros verbos en los tiempos compuestos. Yo he amado Tú habrás leído
2. aux. U. con infinitivo que denota deber, conveniencia o necesidad de realizar lo expresado por dicho infinitivo. He de salir temprano Habré de conformarme
3. tr. Apoderarse alguien de alguien o algo, llegar a tenerlo en su poder. Antonio lee cuantos libros puede haber
4. tr. desus. poseer (ǁ tener en su poder).
5. impers. ocurrir (ǁ acaecer, acontecer). Hubo una hecatombe
6. impers. Celebrarse, efectuarse. Ayer hubo junta Mañana habrá función
7. impers. Ser necesario o conveniente aquello que expresa el verbo o cláusula que sigue. Habrá que pasear Hay que tener paciencia Hay que ver lo que se hace
8. impers. Estar realmente en alguna parte. Haber veinte personas en una reunión Haber poco dinero en la caja
9. impers. Hallarse o existir real o figuradamente. Hay hombres sin caridad Hay razones en apoyo de tu dictamen
10. impers. Denota la culminación o cumplimiento de la medida expresada. Poco tiempo ha Habrá diez años
11. prnl. Portarse, proceder bien o mal.

MORF. Conjug. modelo actual.
allá se las haya, o se las hayan, o se lo haya, o se lo hayan, o te las hayas, o te lo hayas.
1. exprs. coloqs. U. para denotar que alguien no quiere participación en algo o que se separa del dictamen de otra persona.
bien haya.
1. loc. interj. U. para bendecir o desear bien a alguien o algo.
~ dello con dello.
1. fr. coloq. desus. Andar mezclado lo bueno con lo malo, lo agradable con lo desagradable.
~las, ~lo, o habérselas, con alguien o algo.
1. frs. coloqs. Tratar y, especialmente, disputar o contender con él o con ello.
~ a alguien por confeso.
1. fr. Der. Declararlo o reputarlo por confeso, teniendo por reconocida una firma o por contestada afirmativamente una pregunta, por falta de comparecencia a declarar, después de cumplidos los requisitos que la ley preceptúa.
lo habido y por ~.
1. loc. sust. m. coloq. Toda clase de cosas imaginables.
no ~ de qué.
1. fr. No haber razón o motivo para algo, o carecer de dinero.
MORF. U. solo con el verbo en infinit., en ger. y en 3.ª pers.
no ~ más que.
1. fr. Denota perfección o acabamiento en orden a lo expresado por el verbo al que acompaña.
MORF. U. solo con el verbo en infinit., en ger. y en 3.ª pers. No había más que ver. No hay más que decir.
no ~ más que pedir.
1. fr. Ser perfecto algo, no faltarle nada para llenar el deseo.
MORF. U. solo con el verbo en infinit., en ger. y en 3.ª pers.
no ~ por donde agarrarlo, o cogerlo.
1. frs. coloqs. no tener por donde agarrarlo.
MORF. U. solo con el verbo en infinit., en ger. y en 3.ª pers.
no ~ por donde coger algo o a alguien.
1. fr. coloq. no tener por donde cogerlo.
MORF. U. solo con el verbo en infinit., en ger. y en 3.ª pers.
no ~ tal.
1. fr. No ser cierto, carecer de fundamento.
MORF. U. solo con el verbo en infinit., en ger. y en 3.ª pers.
no haya más.
1. loc. interj. U. para terminar una disputa.
si los hay.
1. loc. adv. U. para reforzar la significación de un calificativo. Es valiente, si los hay

haber2.
1. m. Hacienda, caudal, conjunto de bienes y derechos pertenecientes a una persona natural o jurídica. U. m. en pl.
2. m. Cantidad que se devenga periódicamente en retribución de servicios personales. U. m. en pl.
3. m. Com. Parte, de las dos en que se divide una cuenta corriente, en la cual se anotan las sumas que se acreditan o abonan al titular.
4. m. Cualidades positivas o méritos que se consideran en alguien o algo, en oposición a las malas cualidades o desventajas.
~ monedado.
1. m. Dinero, caudal.
~es pasivos.
1. m. pl. Der. Pensiones de los empleados públicos.