Estou nun periodo no que non podo adicar todo o tempo que desexo a este blog e que ademais quero cambiarlle o formato para aproveitar todo o ancho da páxina polo que desculpade pola falta de entradas nos últimos meses.
De tódolos xeitos non podía deixar pasa-la oportunidade de comentar un feito que ocorreu no Congreso dos deputados (por certo non vos parece incrible que poidan faltar todo o que queiran e lles sigamos a pagar???A min paréceme aberrante, pero iso será tema doutro post), pois o caso foi que un deputado (suponse que cunha educación superior) foi expulsado do Congreso tras recibir varios avisos do presidente do congreso, según uns por graves insultos ó Ministro de Defensa e según outros por levanta-la voz un chisco máis da conta. Fora o que fora en calqueira caso paréceme que é un insulto a todos aqueles ós que suponse que representan, que somos todos nós, o queiramos ou non, pero con representantes así non sería mellor vivir nunha anarquía ou que nos gobernasen os nenos da gardería???? Unha vez máis os políticos decepcionanme
No hay comentarios:
Publicar un comentario