Radios personalizables

Navegando pola rede, como din algúns, atopei esta páxina na que podes crea-la túa propia emisora de radio cos grupos e cancións que máis che gusten, tamén podes facer unha lista das túas cancións favoritas.

Polo que vín non teñen grupos en español como mecano, los ronaldos nin Héroes del Silencio, pero si teñen a Julio i Enrique Iglesias. Supoño que se poderán suxerir cancións e / ou grupos pero inda non vin onde, de tódalas maneiras é unha páxina interesante