Adoito escoita-la cadea ser cando escoito o fútbol porque me divirten, inda que cada vez estou máis convencido de que son fanáticos máis ca profesionais. Tras dúas ou tres victorias do Mandril (perdón Madrid) xa dixeron que o Arsenal non estaba á altura dos brancos, que era un equipo mediocre, do medio da táboa de España que non era mellor co Sevilla, e isto o dicían tódolos comentaristas sen excepción.
Tra-lo partido de onte xa non sei que pensar se son fanáticos ou se non teñen nin idea de fútbol, dicir que un equipo con Henry, Reyes, Ljunqberg, Adebayor, Cesc Fábregas, Pires e compañía é mediocre é pouco menos que unha aberración, e ó final do encontro dicía que fora o Madrid o que non xogara o seu nivel, xa non se lembran da derrota en Zaragoza
En definitiva, non só nos temas políticos os locutores expresan as súas ideas / desexos, tamén nos deportes atopamos este problema
1 comentario:
Ola Nando, perdoa a demora na resposta, podes contactarme no mail xaquinvp [arroba] gmail [punto] com
Publicar un comentario