A miña voda

Desmarcándome un pouco da temática xeral do blog, hoxe vou falar un pouco da miña vida. O próximo 22 de Xullo cásome, e pola igrexa!!!!!!, non son crente nin practicante e son católico porque os meus pais bautizáronme pero sen pedirme a miña opinión. O tema é que hai moitas cousas asociadas ó casamento, no meu caso por exemplo, mudanza, gastos varios e importantes, visitas a familiares case esquecidos, decisións do estilo ¿qué flores na mesa?¿e na igrexa?, cousas dese estilo, pero o máis importante, para min, é a lúa de mel.

No meu caso fago unha viaxe que sempre quixen, a costa Oeste de EEUU, comezo en San Franciso (3 noites), logo alugamos un coche e imos a Yosemite (1 noite), despois coche outra vez cara a Lake Mammoth (1 noite), pasamos entón a Las Vegas (2 noites) onde faremos unha excursión ó Gran Cañón en helicoptero, avioneta e barco, despois imos a Los Angeles (3 noites) para finalmente coller un avión e ir a Maui (5 noites), non sei se a todo o mundo lle gostaría esta viaxe pero pódovos asegurar que eu non mexo dende que decidimos que iamos facela.

A miña intención e levar un ordenador portátil e se me quedan gañas ó mellor contar algo do que vexa por alá para ter un pequeno diario do que fixen na miña lúa de mel. Tentarei actualizar algo máis a miúdo este blog

Saúdos

No hay comentarios: