Levo un tempo dándolle voltas ó tema de cara onde debe ir este ego-blog, non teño visitas e tampouco estou seguro de se o que busco é ter visitas, pero sí que me gustaría facer algo máis ou menos periódico no blog para coller un pouco de disciplina no tema de publicar habitualmente, así que co galo de que fixen un Master en Seguridade da Información, e que quero profundizar algo no tema tomei a decisión de ir resolvendo os distintos laboratorios e probas que ten WebGoat e ilas publicando no blog, asimesmo tamén tentarei poñer algo de teoría sobre os distintos aspectos que se van tratando en cada apartado para ter un sitio onde consulta-lo no caso de que no futuro teña que revisalo :D
Pero o primeiro de todo será dicir que é iso do WebGoat, pois ben é unha aplicación web deliberadamente insegura que se currou a xente de OWASP (Open Web Application Security Project) e que pretende mostrar os erros máis comúns nas aplicacións web. A miña intención é publicar cada 7-15 días a solución a algún dos apartados da aplicación ata tela toda resolta.
Nesta anotación irei publicando tódalas entradas relacionadas con este tema, o que teño pensado polo de agora é comezar coa instalación do WebGoat e logo pasar a resolver algúns dos problemas que plantexan
No hay comentarios:
Publicar un comentario