Cando vin a película de Minority Report pensei que tiña que escribir sobor do fallo máis clamoroso que penso que ten a película, pero co tempo a cousa foiseme da cachola e agora ó ver este post de Microsiervos lembreime do que quería escribir e aqui vai
Poño un pouco en antecedentes de que vai a película, dentro da policía hai un departamento que leva relativamente pouco tempo que se chama Precrimen, que usan a uns suxeitos especiais que se chaman Pre-Cogs que teñen a capacidade para ve-lo futuro, deste xeito son capaces de deter a xente que presuntamente vai cometer un crime. Dentro das visións hainas de dous tipos, unhas visións son dos crimes predeterminados que son "vistas" con tempo e se detén o futuro criminal polo crime que ía cometer, doutra banda están os crimes paixonais, estes crimes no poden ser "vistos" xa que nun principio non se ían cometer entón prevense con moi pouco tempo de antelación, so unhas horas
Nestas resulta que o xefe do departamente (Tom Cruise) é "visto" polos pre-Cogs cometendo un crime, agora non me lembro se o crime era paixonal ou non e vou esboza-las incoherencias en función de se é detectado coma un crime paixonal ou non:

- É un crime paixonal: Se é un crime paixonal o sistema non pode avisar con tanta antelación (coido que 36 horas) xa que se di que se avisa con menos tempo
- Non é un crime paixonal: Se o sistema di que non é un crime paixonal, a película non ten sentido xa que nos vemos que el non coñece a quen vai matar e non pode, polo tanto, planexar matalo
No hay comentarios:
Publicar un comentario