De entrada para executar un procedemento almacenado dende SQL Plus o único que tes que facer é poñer
exec nom_stored_procedure([param1,param2, ...])e xa vai, se queres executar unha función o único que teríamos que facer é executar unha consulta contra a táboa virtual dual
SELECT function([param1, param2, ....])Pero se o que queremos é executalo dende un acceso ODBC a cousa cambia, se executamos a primeira maneira o resultado é o seguinte
FROM DUAL;
Mirando a axuda do ODBC dinos que temos que executar a sentencia entre corchetes e chamar a función cun call en troques de cun exec, tal que así
{call nom_stored_procedure([param1, param2, ....])}
Se o facemos así xa non temos erro, o que pasa é que non se executa o procedemento almacenado co que tampouco nos serve, dándolle un pouco á cachola pensei que se ía entre corchetes tal vez sería porque agardaba que algo chamara a esa sentencia, velaí estaba
exec {call nom_stored_procedure([param1, param2, ....])}
Así si, agora si que se executou o procedemento almacenado, cando menos curioso
Agardo que lle sirva a alguén e non teña que perder esas dúas horas que eu perdín buscando a solución
No hay comentarios:
Publicar un comentario