Son un ladrón, delincuente?

No artigo La piratería, un problema de educación o señor José María Irisarri chámame delincuente e ladrón. Na súa resposta Enrique Dans expón o que para mi é o que sucede, non son un pirata ou un delincuente por facer uso das novas tecnoloxías para acceder a información da que doutra maneira non podería por un problema económico, non podo mercar tódolos cd's que me gostaría porque senon non comería e iso a longo prazo seica non é bo

Non son ningún xurista pero polo que sei baixarse algo de Internet sen ánimo de lucro, ou sexa para velo na miña casa coa miña muller (a non ser que se grazas a eso que me baixo despois podo lucrarme coa miña muller, será iso?), non é delito e hai algunhas sentencias que así o reflicten outra cousa é que a xente que vive da música ou do cine queiran seguir utilizando a excusa dos piratas para non pensar como poderían obter máis cartos se poden chegar a prácticamente todo o mundo sen máis esforzo que publicar o seu material en Internet e así obter unha maior relevancia

No artigo ao que fago referencia fala dun problema de educación, coido que non fun mal educado e teño unha cultura media (dende logo non inferior á deste señor) pero estudiei informática e dinme conta de que este medio non ten límites físicos como ós que estamos acostumados e por iso hai que tratalo doutra maneira e saber utilizalo, levo usando Internet dende fai máis de 10 anos, cando ó principio para cargar unha páxina tiña que agardar cinco minutos ou máis, e coido que este é so o principio, cando todos os nosos aparellos veñan con conexión a internet e despertemos co último disco do noso artista favorito recén publicado e levémonos unha grata sorpresa e nos digan onde é o seu próximo concerto para que poidamos asistir e con so dicir sí, xa nos reserven o vo e a entrada (vale isto tal vez será dentro dun tempo, pero probablemente menos do que se pensa), ben pois nese día toda esta xente que agora protesta estará fora do negocio, será marxinal e haberá perdido a mellor ocasión de facer negocio e cartos que tiveron

Afondando un pouco no artigo vese que este home tira cara tódolos sitios sen importarlle moito se o que di ten sentido ou non, di que as exhibicións en colexios, residencias ou parroquias son manifestamente ilegais (vese que lle interesa defender a cultura claro), fala de que antes de que se estrease Rambo IV (a película estrela do 2008, manda carallo, segue a defender a cultura) había 50000 persoas que xa a viran, pois moi ben a culpa será dese empregado que lle deu a copia o seu curmán que lle gostaba moito o Sallone e quería velo antes, non das persoas que sabendo que a poden ver o fan sen máis, tamén di que como sobrevivirían os clubes de fútbol se non tivesen os dereitos da televisión por pago, pois probablemente baixarían os soldos dos xogadores ó non poder pagalos, que ó mellor o xogador despedía ó representante e el mesmo encargabase dos seus asuntos, de seguro que o fútbol non desaparecería e case teño a seguridade de que sería moito máis honrado e bonito (será que a xente do mundo da música cobra moito???)

Tampouco di que agora mesmo estase compensando "ós artistas" por a perda que lles supón as "descargas ilegais" e que xestiona unha entidade misteriosa da que non me lembro das súas iniciais e que non quero por non vaia ser que me veñan deter e me metan anos e máis anos de prisión

O que máis fastidia de todo isto é que seguro que este home ten música, non mercada, na súa casa, ben sexa porque algún amigo lla deixou (preguntaría de onde a sacou o seu amigo?), ben porque unha vez baixouse algo pero xa tiña o cd mercado (é máis cómodo baixar un cd que exportalo dun cd orixinal) e non ten o valor de recoñecelo. Tamén hai que ver que é un cargo importante de dúas empresas que van vento en popa :D


PD: lede os comentarios de Maria no post de Enrique Dans, incrible ....

No hay comentarios: