O canon visto por geekinlove

Xenial a tira de geekinlove sobor do canon, eiqui a tés

O Deportivo dos meus amores

Fai tempo que no falo do Deportivo, máis que nada porque teño poucas cousas boas que dicir, e hoxe tan pouco vai ser distinto, vou dar a miña opinión sobor do aspecto deportivo e sobor do aspecto da xestión do equipo

Aspecto deportivo

Hoxe o equipo está en Moscú para xogar o primeiro partido da "liguilla" da UEFA, non teño moitas esperanzas no partido a verdade. Lotina é un técnico pouco ambicioso, pensa que é mellor non perder que gañar (ás veces pode ser verdade) e nesta liguilla con dúas victorias estás clasificado, e se gañas en Moscú a un dos rivais máis fortes case podes dicir que estás clasificado. Polo que se ve vai xogar Valerón, non o entendo, o normal é que Valeron xogue sempre na casa e non fora que vai ser máis complicado que lle cheguen balóns, xa xogou en Noruega e despois na casa no partido de volta. Lotina é unha persoa que todos tachan como moi boa e que non da problemas, iso paréceme ben, pero aqui está para xogar ó fútbol e debería por ós mellores a xogar, cando xogabamos na Champions non había tanta rotación, non pode ser que despois de pretempada en 7 partidos de Liga, 6 de UEFA non teña un equipo tipo co que xogar e ande a facer experimentos, un xogador un día está na grada e ó seguinte é titular ... o ano pasado cando o equipo comezou a funcionar foi cando se puxo un esquema estable e non se variaba o once inicial
Por último comentar que o que se fixo en Santander é un escándalo, ir a un campo a empatar descaradamente é unha perda de tempo e unha ofensa para os aficionados que seguen ó equipo, que queren que o seu equipo gañe e fronte a un equipo que na casa non está rendendo e está na nosa liga habería que ir a por todas, un exemplo máis do conservadurismo do técnico

A Xestión do equipo

Neste apartado quero comentar dúa cousas, as recentes denuncias de Taborda e a de Barragán e o tema da financiación do equipo. Alegan que o clube os despida como improcedentes para poder cobrar o que lles falta xa que o equipo non os inscribiu nin na Liga nin na UEFA, que eu saiba os xogadores cando fichan por un equipo non teñen asegurado que vaian a xogar nin que teñan ficha, ós xogadores se lles paga por adestrar e se o adestrador o considera necesario por xogar, e co que cobran se non teñen ficha o que deberían facer é loitar por ter ficha o ano seguinte ou en Decembro ... A maiores, no caso do primeiro xa non debería estar no equipo xa que lle zoscou a un periodista e seguiu eiqui sen castigo por parte do clube, algo impensable en calqueira empresa, rexeitou dúas ofertas para marcharse e inda ten máis que dicir. No caso do segundo, estaba lesionado cando se deron de alta as fichas, o clube volcouse na súa recuperación e así llo agradece ....

Doutra banda está Lendoiro, se é o xestor do equipo e cobra por iso (e non pouco), debe encargarse de buscarlle saída a tódolos xogadores e tentar que non den problemas, non é de recibo que haxa 3 porteiros con ficha profesional dos que dous sabemos que non van xogar e que non se queren pero estén ocupando fichas que ó mellor poderían usarse para Barragán, viuse que coa lesión de Manuel Pablo andamos un pouco xustos, co que a súa xestión dos descartes, sabéndoos con bastante antelación, foi moi mala

No caso do patrocinio do equipo fai pouco tempo Lendoiro reclamaba que o Xacobeo debería patrocinar ó Deportivo, paréceme ben que pida, non estou en contra diso pero coido que sería un erro que calquera empresa pública patrocinara ó Deportivo, ¿a santo de qué? O Deportivo é unha empresa privada e como moito representa a unha cidade, non representa á comunidade autónoma e de feito non fai gala de ser galego nin na súa páxina web (onde está o idioma galego) nin cando vai por ai. A maiores coido que non é a empresa máis representativa que temos eiquí, sería máis normal que o Xacobeo patrocinase a Inditex non? Coido que chega a moitos máis sitios e ten unha maior relevancia co Deportivo, pero seguro que á xente non lle gostaría que os seus cartos se gastaran nunha empresa privada que baixo ningún concepto vainos devolver ós contribuintes

De tódolos xeitos sempre podería deixar de cobrar o seu millonario soldo 1% do presuposto do equipo (non atopei o dato exacto pero seica anda entre os 65 e os 100 millóns de euros) e así a cantidade que se necesitaría de apoio para a financiación do equipo sería menor, non?


Xa está o G1 dispoñible

Xa está nas tendas de EEUU o G1, o novo teléfono de Google deseñado para facerlle a competencia o iPhone, cun sistema operativo de código aberto e que promete ter un ecosistema de aplicacións sen límites, eiqui tendes algún artigo sobor das súas características

Polo momento co que me quedo é que ten un bo fondo pero inda lle falta un pouco para ser un telefono "redondo", ¿e ti?¿iPhone ou G1?

Street View na Coruña

Leo hoxe no diario Qué!, que o coche que Google utiliza para fotografar ás rúas estivo na Coruña, a verdade é que non tiña nin idea nin lin nada por ai. Tampouco atopei a nova na edición dixital do diario senon que a vin na edición en pdf, ¿alguen sabe algo? A verdade é que sorpréndeme que xa estén por Coruña habendo moitas cidades que visitar .... a ver se pronto se pode ver na web ;-)

Actualización: confirmáronse as miñas sospeitas, leo hoxe que o coche de Google seica está (ou estivo) por España pero por A Coruña non se achegou, imos ter que esperar algún tempo ;-)

Descansa en paz Paul




Foise, para min o segundo máis grande (teño debilidade por John Wayne inda que non sexa tan bo actor), hoxe é un día triste pra min, é unha nova que non quixera ter visto nunca, non está morto sempre estará por ai

Lémbrome de pequeno que lle fixeron un ciclo na primeira, coido que os Martes pola noite, e vin tódalas películas que botaron, Marcado por el Odio, La gata sobre el tejado de zinc, El buscavidas, Los rompepelotas, el castañazo, Dos hombre y un destino y La leyenda del indomable entre otras

Crecín con el e alédome de ter visto todas esas película e algunha máis. Desexo que recueperen os ciclos de películas adicados a directores e actores como facían no pasado.

Para ter máis información: Paul Newman imdb, Paul Newman wikipedia, El Pais, Publico, e no google

Descanse en paz

Visto en blogdecine.com, imaxe de mercecasado.blogia.com

Anuncios para delgados

Lendo esta entrada do blogue Ethica more cybernetica (nunca o lera ata agora) que ven a falar de porque o estar / ser gordo está mal visto ou tes que aturar a xente que che diga calquera cousa (vaia por diante que estou bastante gordo mido 1,70 e peso preto dos 90 kilos) ou que che miren mal e como din que haxa xente que prefira estar anoréxico ou bulímico antes ca estar gordo. Entendo que non é bo estar gordo ou pode ter máis problemas (ó igual que estar moi delgado) pero se non te da ningún problema non lle vexo eu máis razón que a meramente estética, e xa sabedes que nos gustos hainos de tódolos sabores. Ben, o caso é que lendo o post lembreime duns anuncios da marca Kellogg's, unha compañía que se adica a vender cereais e dos que últimamente vin un par de anuncios que non facían outra cousa que enfurecerme, supoño que os coñeceredes



Neste primeiro anuncio vemos a unha rapaza que non ha pasar dos 50 kilos!!!!!!!!!!! e non é baixa tentando porse un pantalón que non lle entra, o anuncio ven a dicir que despois das navidades é posible que engordaras un pouco e que non che entre o pantalón, pois ben se esta rapaza engordou o que ten que facer e mercar pantalóns unha talla máis grande e xa o ten solucionado, non necesita adelgazar!!!!!!!!!! Este anuncio claramente fomenta a anorexia e ninguen di nada

O outro anuncio é este



Neste anuncio o que nos veñen dicir é que non por non almorzar vas adelgazar máis, ben, iso non está mal, coido que o almorzo é moi importante e non hai que facelo á lixeira, o caso é que din

estudios demuestran que mujeres que toman un desayuno como el desayuno Special K pesan menos que las que no desayunan

Y????Qué estudos son esos? Onde están?Poden consultarse? En base a qué está feito, non se debería por un pouco de control neste tipo de anuncios??? Non vin ningunha referencia a ningunha web ou libro onde se publique ese estudo tan "sesudo"

So agardo que algún día algún dirixente esté verdadeiramente empeñado en rematar con este tipo de publicidade que no aporta nada a sociedade e o único que fai e crear unha sociedade que so pensa no seu aspecto e chega a extremos insospeitados para acadalo

¿Queres ser un emprendedor? Fai amigos

Iso é o que ven a dicir Carlos Blanco en Baquia, non importa moito a idea que teñas, so se quen te coñece confía en ti e quere darte cartos .... Paréceme bastante triste esta mentalidade e da un reflexo ben claro do que é a nosa sociedade, non importa o que estudies, non importa o que traballes, non importa moito o que fagas, o que importa é a quen coñeces

E ti, ¿coñeces a moita xente?

A educación en España

Faime moita graza ver que os políticos andan sempre a cambiar as leis da educación pero o resultado segue a ser o mesmo, unha incultura nos máis altos postos da nosa sociedade, vendo este vídeo doume conta de que ao final o importante é ter interese por aprender, dou grazas aos meus pais por terme obrigado a ir á escola de idiomas e rematar os cinco anos de inglés, probablemente custaríame manter unha conversación ben fluída en inglés pero vou entendendo os vídeos que vexo e o falo o suficientemente ben como para que eles me entendan (das miñas experiencias con xente de fala inglesa non tiven problemas). O caso é que agora en canto podo vexo algunha película en VO, oio podcast en inglés de Radio Vaughan e tento manterem ó día. Tamén fixen un par de anos na EOI de francés, e teño un nivel moi básico e algún día o retomarei ;-), pero algo sei.

E se xa é triste que o presidente dun dos bancos máis importantes de España teña ese nivel de inglés é máis triste que os nosos presidentes vaian á par, coido que deberían saber polo menos 3 idiomas (dous estranxeiros) para poder acceder ó cargo e iso con case calqueira cargo público que tivera que viaxar por motivos do traballo

Os exemplos do ridículo máis abaixo

Zapatero non entende a unha periodista

si esto é francés o meu xefe debe estar encantado co francés que eu fago :D

Este lémbrame ao grande Jesús Gil

Aznar debe estar enfermo

Inda que Aznar mellorou despois cando tivo que ir a dar conferencia aló aos estados xuntiños

Via: Un gaditano en Silicon Valley que á súa vez viuno en Publico

As sete diferenzas

Revisando os meus feeds RSS vexo varias novas sobor do fallo no deseño do DNS e lles boto unha ollada, máis que nada para estar ó tanto do que se move no tema da seguridad informática que é algo que me gusta moito, cando doume conta de que vexo dous titulares idénticos un de Hispasec e o outro de Seguridad Informática, entón pícame a curiosidade de que dúas páxinas teñan o mesmo titular e leo o de Hispasec, todo ben, fala dos servidores DNS, do protocolo, das distintas implementacións que se fixeron, e da unha pincelada do problema que hai. Agora paso a ler o de Seguridad Informatica e vexo que é exactamente o mesmo, ¿cómo pode ser?¿terá a cara de copialo? Pois sí, o copiou tal cual e o único que fixo foi por ó final un Fuente: Hispasec, abonda con isto ou tería que por polo menos unha ligazón? Eu penso que esta persoa é un caradura, unha cousa é facer referencia a unha web e outra é copialo íntegramente no teu blogue, estiven mirando pola web a ver se había algunha referencia na que dicía que o único que ía facer era copiar novas doutros sitios e non o vin, tampouco vin ningunha referencia que me fixera crer que son o mesmo autor .... Fixándome un pouco máis vexo que ten abaixo un Copyright!!!!!! WTF!!!!!!!!!!! Incrible. ¿Cres que chega con dicir de onde o sacaches sen por a url ou hai que por a url de onde sacaches a información?

Actualización: vese que fanme caso, agora citan a url, orixinal vs copia

Que grande!!!!!!!!!!

Gústame o tenis de sempre, de pequeno gostábame ver a Sergio Casal e Emilio Sanchez Vicario en dobres (xa que en individuais non facían moito), iso dos españois, logo era unha gozada ver xogar a Ivan Lendl ou a Boris Becker, e tantos outros. Ata que apareceu Sergi Bruguera co que aprendín que os españois tamén lle daban a isto da raqueta, inda que so fora en terra batida. Co tempo viñeron máis e cada un parecía que era o mellor, ata que apareceu un rapaz moi novo e coa testa no seu sitio que se comeu o mundo, ós seus 22 anos ten 4 Rolland Garros e xa 1 Wimbledon, o seu primeiro Grand Slam en herba e abofé que non será o último, o de onte foi O PARTIDO, incrible, tivo de todo, dous sets "relativamente" cómodos para Nadal, dous sets resoltos no tie-break e un último set no que houbo que disputar 16 xogos para coronar a Nadal como un dos grandes da historia (se xa non o era) e diante tiña nada máis e nada menos ó mellor xogador de tódolos tempos, aquel que fai fácil o difícil o que nunca perde a elegancia, Roger Federer

En tódolos medios falan de Rafa e por iso non vou por ningunha ligazón ós diarios porque isto vai durar moito e podédelo atopar fácil

Son un ladrón, delincuente?

No artigo La piratería, un problema de educación o señor José María Irisarri chámame delincuente e ladrón. Na súa resposta Enrique Dans expón o que para mi é o que sucede, non son un pirata ou un delincuente por facer uso das novas tecnoloxías para acceder a información da que doutra maneira non podería por un problema económico, non podo mercar tódolos cd's que me gostaría porque senon non comería e iso a longo prazo seica non é bo

Non son ningún xurista pero polo que sei baixarse algo de Internet sen ánimo de lucro, ou sexa para velo na miña casa coa miña muller (a non ser que se grazas a eso que me baixo despois podo lucrarme coa miña muller, será iso?), non é delito e hai algunhas sentencias que así o reflicten outra cousa é que a xente que vive da música ou do cine queiran seguir utilizando a excusa dos piratas para non pensar como poderían obter máis cartos se poden chegar a prácticamente todo o mundo sen máis esforzo que publicar o seu material en Internet e así obter unha maior relevancia

No artigo ao que fago referencia fala dun problema de educación, coido que non fun mal educado e teño unha cultura media (dende logo non inferior á deste señor) pero estudiei informática e dinme conta de que este medio non ten límites físicos como ós que estamos acostumados e por iso hai que tratalo doutra maneira e saber utilizalo, levo usando Internet dende fai máis de 10 anos, cando ó principio para cargar unha páxina tiña que agardar cinco minutos ou máis, e coido que este é so o principio, cando todos os nosos aparellos veñan con conexión a internet e despertemos co último disco do noso artista favorito recén publicado e levémonos unha grata sorpresa e nos digan onde é o seu próximo concerto para que poidamos asistir e con so dicir sí, xa nos reserven o vo e a entrada (vale isto tal vez será dentro dun tempo, pero probablemente menos do que se pensa), ben pois nese día toda esta xente que agora protesta estará fora do negocio, será marxinal e haberá perdido a mellor ocasión de facer negocio e cartos que tiveron

Afondando un pouco no artigo vese que este home tira cara tódolos sitios sen importarlle moito se o que di ten sentido ou non, di que as exhibicións en colexios, residencias ou parroquias son manifestamente ilegais (vese que lle interesa defender a cultura claro), fala de que antes de que se estrease Rambo IV (a película estrela do 2008, manda carallo, segue a defender a cultura) había 50000 persoas que xa a viran, pois moi ben a culpa será dese empregado que lle deu a copia o seu curmán que lle gostaba moito o Sallone e quería velo antes, non das persoas que sabendo que a poden ver o fan sen máis, tamén di que como sobrevivirían os clubes de fútbol se non tivesen os dereitos da televisión por pago, pois probablemente baixarían os soldos dos xogadores ó non poder pagalos, que ó mellor o xogador despedía ó representante e el mesmo encargabase dos seus asuntos, de seguro que o fútbol non desaparecería e case teño a seguridade de que sería moito máis honrado e bonito (será que a xente do mundo da música cobra moito???)

Tampouco di que agora mesmo estase compensando "ós artistas" por a perda que lles supón as "descargas ilegais" e que xestiona unha entidade misteriosa da que non me lembro das súas iniciais e que non quero por non vaia ser que me veñan deter e me metan anos e máis anos de prisión

O que máis fastidia de todo isto é que seguro que este home ten música, non mercada, na súa casa, ben sexa porque algún amigo lla deixou (preguntaría de onde a sacou o seu amigo?), ben porque unha vez baixouse algo pero xa tiña o cd mercado (é máis cómodo baixar un cd que exportalo dun cd orixinal) e non ten o valor de recoñecelo. Tamén hai que ver que é un cargo importante de dúas empresas que van vento en popa :D


PD: lede os comentarios de Maria no post de Enrique Dans, incrible ....

E isto como se pronunciará?

Teño unha "digna" formación no idioma inglés, nembargantes sempre atopas palabras que non sabes como se pronunciarán ou como se dirán, para sabelo veño de descubrir forvo, unha web na que podes subir a pronunciación das palabras e consultar as que desexes, o tes en moitos idiomas incluido o galego, co que xa sabes a subir palabras para que todo o mundo saiba como se pronuncian ;-)

Visto en pisitoenmadrid

Firefox - about:config

Neste post que tentarei ir actualizando cada pouco tempo vou ir metendo as distintas opcións que podes configurar no Firefox (no meu caso na versión 3) usando para elo a dirección about:config

  • color profiles: gfx.color_management.enabled, poñelo a true, visto en edans
  • número descargas simultáneas: network.http.max-connections-per-server, poñer o número que necesitedes. Este parámetro aumenta o número de conexións cun servidor en concreto o que posibilita que se queres baixar moitos ficheiros dun mesmo sitio esta sea a túa opción
  • aviso de plugins: plugin.default_plugin-disabled, se o pos a true avisarache de cando necesites instalar un plugin, se o pos a false non che avisará, útil no caso de que queiras ter un navegador sen nada instalado a maiores ou se non o podes instalar (por exemplo no traballo)
  • cambio de idioma: general.useragent.locale, pos o locale que corresponda co teu idioma-país e listo (tes que reiniciar Firefox para que colla o cambio), para o galego gl-ES, visto en Que che vou contar ...
  • desactiva-la "barra alucinante" ("AwesomeBar"): browser.urlbar.matchonlytyped a true, visto en Pisito en Madrid
  • cambia-lo axente do navegador, por exemplo para acceder dende linux a hotmail: general.useragent.vendor, poñendo Firefox déixate acceder a livemail (a.k.a. hotmail). Grazas mmeixide
  • abrir un porto https: network.security.ports.banned.override, se non existe a creamos e metemos os portos que desexamos que usen o protocolo https separados por comas, visto en ¿cómo hacer para?
  • deshabilitar a compatibilidade de add-ons: é dicir, tes unha nova versión do Firefox e queres que os teus add-ons continúen funcionando, temos que crear dúas entradas, unha extensions.checkCompatibility e poñela a false e a outra extensions.checkUpdateSecurity e tamén poñela a false, visto en Lifehacker
Estes son algún exemplos que tentarei ir aumentando a medida que vaia probando máis, eu so che digo o que fan ti faste responsable de usalos ben, non me veñas despois dicindo que tes moitas conexións abertas ou que non sabes o plugin que necesitas ;-)

Tedes toda a documentación de about:config na kb de Mozilla

Actualización 07/11/08: engado a opción de cambia-lo axente do navegador por cortesía de mmeixide

O futuro da selección na Eurocopa

So por recordar un pouco como foi o pasado (lembrade que o pasado axúdanos moito a saber o que vai ocorrer, a historia sempre se repite) imos facer un exercicio de memoria coa selección española de fútbol

Eurocopa 2000




Mundial 2002




Eurocopa 2004



Mundial 2006


Isto engadido a maldición do día 22 faime pensar que agora coa eliminación de Francia e a clasificación de Italia a miña opinión é clara, Alemaña - Italia será a final da Eurocopa

O único que pode ser unha vantaxe para o equipo nacional español é que en tódalas portadas había unha personaxe que este ano non está, ¿adiviñades quen?

Actualización:
España se clasifica para semifinais ó derrotar a Italia nos penaltis, seica rematou a maldición do 22 de Xuño (ou sería cousa da ausencia de Raúl?)

Eu non teño nada no ordenador que lle importe a ninguén

Esta frase é a que moitas veces esoitei a xente falando de porque non instalaban un antivirus, este pode ser un dos motivos, unha persoa que non tiña protexido o seu ordenador e que o utilizaron como servidor de fotografías de pornografía infantil, ven de determinarse que el non era o culpable pero todos sabemos que a mancha xa lle quedou na súa vida e todo o que tivo que pasar a familia por mor disto.

Temos que concienciarnos que o que buscan moitas veces os "ciber-delincuentes" non é a información que temos no noso equipo senon que o que queren é tomar control do equipo para poder cometer delitos, está claro que se ademais poden roubarnos as chaves de acceso as nosas contas do banco vanno facer, pero ese non é o único motivo

Lembrade sempre ter actualizado tanto o sistema operativo coma os programas que usedes, e tamén seguide unhas mínimas normas de seguridade tanto cando estedes en Internet coma cando traballedes co voso correo

Non accedo o meu blogue

Dende fai un tempo que non publicaba nada e hoxe tento acceder e non me deixa dende o equipo do traballo, nin facendo unha búsqueda a través de google nin poñendo a ruta completa no navegador nin buscando dende yahoo, o resultado é sempre o mesmo, esta páxina



O caso é que dende outro equipo da rede do traballo deixa acceder sen problemas, non me deixa no meu equipo, o único que instalei recentemente foi un cliente svn e o firefox 3, ¿será cousa disto? Coido que non é cousa de virus xa que o VirusScan está actualizado e no equipo no que mirei o antivirus estaba deshabilitado, ¿será cousa de meigas?

Tamén probei con El lado del mal e non me deixa, será cousa de tódolos blogues de blogguer?

Alguen ten unha idea?

PD: Tamén é curioso publicar algo no teu blogue e non poder velo ;-)

Actualización 19:01:
Xa podo acceder normalmente, non teño nin idea de que puido ser ....

Nunca renegues dos teus orixes

A falta de confirmalo seica pode ser que o patrón de Madrid tivese a súa orixe nun musulmán, agora que tan mal están vistos e hai tanta xenofobia e racismo, inda que sexa a un nivel máis local, coido que sería moi bo e un punto que invitaría a reflexionar sobor da importancia de onde vemos e de non criticar a alguén polo seu credo, nacionalidade, cor de pel, sexo, orientación sexual e calqueira outra característica que se che poida ocorrer que sexa distintiva dunha persoa ou dunha raza enteira, ¿quen nos di que no futuro demostren que Breogán non é fillo dun xitano?

Visto en 20minutos.es

Localiza o teu Windows / Office

Dende esta web podermos descargarnos o paquete de interface en galego para o Windows XP, Windows Vista, o Office 2003 e o Office 2007