Firefox - about:config

Neste post que tentarei ir actualizando cada pouco tempo vou ir metendo as distintas opcións que podes configurar no Firefox (no meu caso na versión 3) usando para elo a dirección about:config

  • color profiles: gfx.color_management.enabled, poñelo a true, visto en edans
  • número descargas simultáneas: network.http.max-connections-per-server, poñer o número que necesitedes. Este parámetro aumenta o número de conexións cun servidor en concreto o que posibilita que se queres baixar moitos ficheiros dun mesmo sitio esta sea a túa opción
  • aviso de plugins: plugin.default_plugin-disabled, se o pos a true avisarache de cando necesites instalar un plugin, se o pos a false non che avisará, útil no caso de que queiras ter un navegador sen nada instalado a maiores ou se non o podes instalar (por exemplo no traballo)
  • cambio de idioma: general.useragent.locale, pos o locale que corresponda co teu idioma-país e listo (tes que reiniciar Firefox para que colla o cambio), para o galego gl-ES, visto en Que che vou contar ...
  • desactiva-la "barra alucinante" ("AwesomeBar"): browser.urlbar.matchonlytyped a true, visto en Pisito en Madrid
  • cambia-lo axente do navegador, por exemplo para acceder dende linux a hotmail: general.useragent.vendor, poñendo Firefox déixate acceder a livemail (a.k.a. hotmail). Grazas mmeixide
  • abrir un porto https: network.security.ports.banned.override, se non existe a creamos e metemos os portos que desexamos que usen o protocolo https separados por comas, visto en ¿cómo hacer para?
  • deshabilitar a compatibilidade de add-ons: é dicir, tes unha nova versión do Firefox e queres que os teus add-ons continúen funcionando, temos que crear dúas entradas, unha extensions.checkCompatibility e poñela a false e a outra extensions.checkUpdateSecurity e tamén poñela a false, visto en Lifehacker
Estes son algún exemplos que tentarei ir aumentando a medida que vaia probando máis, eu so che digo o que fan ti faste responsable de usalos ben, non me veñas despois dicindo que tes moitas conexións abertas ou que non sabes o plugin que necesitas ;-)

Tedes toda a documentación de about:config na kb de Mozilla

Actualización 07/11/08: engado a opción de cambia-lo axente do navegador por cortesía de mmeixide

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Para os usuarios de Firefox con GNU/Linux que non poden ver o seu correo no windows livemail porque non é compatible con firefox en linux, e só muestra unha version incompleta e pide que actualicemos o navegador, a solución tamén está en about:config

Podese ver en http://gxppl.net/blog/avathar/firefox-livemail-aka-hotmail

Unknown dijo...

@memeixide:grazas polo comentario, xa actualicei o post

Un saúdo