Que é peor pornografía ou mortes?

Xa o vin onte nos informativos de Telecinco e pensei o mesmo, e hoxe leo a nova, pois inda que non o queirades velai tedes a miña reflexión

Se eu quero que os meus fillos vexan un espectáculo porno é o meu problema, coido que con iso non lles fago mal a lo menos físico, e psicolóxico, bueno supoño que é mellor que vexan ese espectáculo a que vexan o telediario de T5 ou calqueira outro no que se falan de mortos coma quen come patacas e ás veces botan escenas realmente escabrosas e xa non se preocupan nin de avisar. É peor que os teus fillos vexan porno que ver a un delincuente cobrar cartos por contar a súa vida amorosa sen facerlle ningunha pregunta sobor do seus múltiples delitos porque así o estipulou nun contrato? É peor que os teus fillos vexan porno ca ver coma matan a un animal nun suposto arte? Ao mellor se os nosos fillos viran máis porno non habería tantas mortes por violencia doméstica producto dunha educación rancia e caduca que se reflicte nos anuncios que podemos ver na televisión día a día ...

En definitiva coido que os que están a criticar esta "festa" non foron a ela, co que non teñen porque protestar, e se protestan os que foron, pois son parvos por levar aos seus fillos ou por non ter fillos e dicirlle ao resto coma teñen que educalos

No hay comentarios: