ODBC e Procedemento Almacenado

Hoxe tiven que poñerme a mirar como executar un procedemento almacenado nunha bbdd Oracle dende un ODBC para un proxecto no que ando metido no chollo, a verdade é que é moi sinxeolo e so fai falla mirar un pouco a axuda e aplicar a lóxica.

De entrada para executar un procedemento almacenado dende SQL Plus o único que tes que facer é poñer

exec nom_stored_procedure([param1,param2, ...])

e xa vai, se queres executar unha función o único que teríamos que facer é executar unha consulta contra a táboa virtual dual

SELECT function([param1, param2, ....])
FROM DUAL;

Pero se o que queremos é executalo dende un acceso ODBC a cousa cambia, se executamos a primeira maneira o resultado é o seguinte



Mirando a axuda do ODBC dinos que temos que executar a sentencia entre corchetes e chamar a función cun call en troques de cun exec, tal que así

{call nom_stored_procedure([param1, param2, ....])}

Se o facemos así xa non temos erro, o que pasa é que non se executa o procedemento almacenado co que tampouco nos serve, dándolle un pouco á cachola pensei que se ía entre corchetes tal vez sería porque agardaba que algo chamara a esa sentencia, velaí estaba

exec {call nom_stored_procedure([param1, param2, ....])}

Así si, agora si que se executou o procedemento almacenado, cando menos curioso

Agardo que lle sirva a alguén e non teña que perder esas dúas horas que eu perdín buscando a solución

Fallo en Minority Report

Cando vin a película de Minority Report pensei que tiña que escribir sobor do fallo máis clamoroso que penso que ten a película, pero co tempo a cousa foiseme da cachola e agora ó ver este post de Microsiervos lembreime do que quería escribir e aqui vai

Poño un pouco en antecedentes de que vai a película, dentro da policía hai un departamento que leva relativamente pouco tempo que se chama Precrimen, que usan a uns suxeitos especiais que se chaman Pre-Cogs que teñen a capacidade para ve-lo futuro, deste xeito son capaces de deter a xente que presuntamente vai cometer un crime. Dentro das visións hainas de dous tipos, unhas visións son dos crimes predeterminados que son "vistas" con tempo e se detén o futuro criminal polo crime que ía cometer, doutra banda están os crimes paixonais, estes crimes no poden ser "vistos" xa que nun principio non se ían cometer entón prevense con moi pouco tempo de antelación, so unhas horas

Nestas resulta que o xefe do departamente (Tom Cruise) é "visto" polos pre-Cogs cometendo un crime, agora non me lembro se o crime era paixonal ou non e vou esboza-las incoherencias en función de se é detectado coma un crime paixonal ou non:

  1. É un crime paixonal: Se é un crime paixonal o sistema non pode avisar con tanta antelación (coido que 36 horas) xa que se di que se avisa con menos tempo
  2. Non é un crime paixonal: Se o sistema di que non é un crime paixonal, a película non ten sentido xa que nos vemos que el non coñece a quen vai matar e non pode, polo tanto, planexar matalo
A pesar destas pequenas paradoxas a película gustoume moito i eu lle daría un 7 sobor 10