Son un ladrón, delincuente?

No artigo La piratería, un problema de educación o señor José María Irisarri chámame delincuente e ladrón. Na súa resposta Enrique Dans expón o que para mi é o que sucede, non son un pirata ou un delincuente por facer uso das novas tecnoloxías para acceder a información da que doutra maneira non podería por un problema económico, non podo mercar tódolos cd's que me gostaría porque senon non comería e iso a longo prazo seica non é bo

Non son ningún xurista pero polo que sei baixarse algo de Internet sen ánimo de lucro, ou sexa para velo na miña casa coa miña muller (a non ser que se grazas a eso que me baixo despois podo lucrarme coa miña muller, será iso?), non é delito e hai algunhas sentencias que así o reflicten outra cousa é que a xente que vive da música ou do cine queiran seguir utilizando a excusa dos piratas para non pensar como poderían obter máis cartos se poden chegar a prácticamente todo o mundo sen máis esforzo que publicar o seu material en Internet e así obter unha maior relevancia

No artigo ao que fago referencia fala dun problema de educación, coido que non fun mal educado e teño unha cultura media (dende logo non inferior á deste señor) pero estudiei informática e dinme conta de que este medio non ten límites físicos como ós que estamos acostumados e por iso hai que tratalo doutra maneira e saber utilizalo, levo usando Internet dende fai máis de 10 anos, cando ó principio para cargar unha páxina tiña que agardar cinco minutos ou máis, e coido que este é so o principio, cando todos os nosos aparellos veñan con conexión a internet e despertemos co último disco do noso artista favorito recén publicado e levémonos unha grata sorpresa e nos digan onde é o seu próximo concerto para que poidamos asistir e con so dicir sí, xa nos reserven o vo e a entrada (vale isto tal vez será dentro dun tempo, pero probablemente menos do que se pensa), ben pois nese día toda esta xente que agora protesta estará fora do negocio, será marxinal e haberá perdido a mellor ocasión de facer negocio e cartos que tiveron

Afondando un pouco no artigo vese que este home tira cara tódolos sitios sen importarlle moito se o que di ten sentido ou non, di que as exhibicións en colexios, residencias ou parroquias son manifestamente ilegais (vese que lle interesa defender a cultura claro), fala de que antes de que se estrease Rambo IV (a película estrela do 2008, manda carallo, segue a defender a cultura) había 50000 persoas que xa a viran, pois moi ben a culpa será dese empregado que lle deu a copia o seu curmán que lle gostaba moito o Sallone e quería velo antes, non das persoas que sabendo que a poden ver o fan sen máis, tamén di que como sobrevivirían os clubes de fútbol se non tivesen os dereitos da televisión por pago, pois probablemente baixarían os soldos dos xogadores ó non poder pagalos, que ó mellor o xogador despedía ó representante e el mesmo encargabase dos seus asuntos, de seguro que o fútbol non desaparecería e case teño a seguridade de que sería moito máis honrado e bonito (será que a xente do mundo da música cobra moito???)

Tampouco di que agora mesmo estase compensando "ós artistas" por a perda que lles supón as "descargas ilegais" e que xestiona unha entidade misteriosa da que non me lembro das súas iniciais e que non quero por non vaia ser que me veñan deter e me metan anos e máis anos de prisión

O que máis fastidia de todo isto é que seguro que este home ten música, non mercada, na súa casa, ben sexa porque algún amigo lla deixou (preguntaría de onde a sacou o seu amigo?), ben porque unha vez baixouse algo pero xa tiña o cd mercado (é máis cómodo baixar un cd que exportalo dun cd orixinal) e non ten o valor de recoñecelo. Tamén hai que ver que é un cargo importante de dúas empresas que van vento en popa :D


PD: lede os comentarios de Maria no post de Enrique Dans, incrible ....

E isto como se pronunciará?

Teño unha "digna" formación no idioma inglés, nembargantes sempre atopas palabras que non sabes como se pronunciarán ou como se dirán, para sabelo veño de descubrir forvo, unha web na que podes subir a pronunciación das palabras e consultar as que desexes, o tes en moitos idiomas incluido o galego, co que xa sabes a subir palabras para que todo o mundo saiba como se pronuncian ;-)

Visto en pisitoenmadrid

Firefox - about:config

Neste post que tentarei ir actualizando cada pouco tempo vou ir metendo as distintas opcións que podes configurar no Firefox (no meu caso na versión 3) usando para elo a dirección about:config

  • color profiles: gfx.color_management.enabled, poñelo a true, visto en edans
  • número descargas simultáneas: network.http.max-connections-per-server, poñer o número que necesitedes. Este parámetro aumenta o número de conexións cun servidor en concreto o que posibilita que se queres baixar moitos ficheiros dun mesmo sitio esta sea a túa opción
  • aviso de plugins: plugin.default_plugin-disabled, se o pos a true avisarache de cando necesites instalar un plugin, se o pos a false non che avisará, útil no caso de que queiras ter un navegador sen nada instalado a maiores ou se non o podes instalar (por exemplo no traballo)
  • cambio de idioma: general.useragent.locale, pos o locale que corresponda co teu idioma-país e listo (tes que reiniciar Firefox para que colla o cambio), para o galego gl-ES, visto en Que che vou contar ...
  • desactiva-la "barra alucinante" ("AwesomeBar"): browser.urlbar.matchonlytyped a true, visto en Pisito en Madrid
  • cambia-lo axente do navegador, por exemplo para acceder dende linux a hotmail: general.useragent.vendor, poñendo Firefox déixate acceder a livemail (a.k.a. hotmail). Grazas mmeixide
  • abrir un porto https: network.security.ports.banned.override, se non existe a creamos e metemos os portos que desexamos que usen o protocolo https separados por comas, visto en ¿cómo hacer para?
  • deshabilitar a compatibilidade de add-ons: é dicir, tes unha nova versión do Firefox e queres que os teus add-ons continúen funcionando, temos que crear dúas entradas, unha extensions.checkCompatibility e poñela a false e a outra extensions.checkUpdateSecurity e tamén poñela a false, visto en Lifehacker
Estes son algún exemplos que tentarei ir aumentando a medida que vaia probando máis, eu so che digo o que fan ti faste responsable de usalos ben, non me veñas despois dicindo que tes moitas conexións abertas ou que non sabes o plugin que necesitas ;-)

Tedes toda a documentación de about:config na kb de Mozilla

Actualización 07/11/08: engado a opción de cambia-lo axente do navegador por cortesía de mmeixide

O futuro da selección na Eurocopa

So por recordar un pouco como foi o pasado (lembrade que o pasado axúdanos moito a saber o que vai ocorrer, a historia sempre se repite) imos facer un exercicio de memoria coa selección española de fútbol

Eurocopa 2000




Mundial 2002




Eurocopa 2004



Mundial 2006


Isto engadido a maldición do día 22 faime pensar que agora coa eliminación de Francia e a clasificación de Italia a miña opinión é clara, Alemaña - Italia será a final da Eurocopa

O único que pode ser unha vantaxe para o equipo nacional español é que en tódalas portadas había unha personaxe que este ano non está, ¿adiviñades quen?

Actualización:
España se clasifica para semifinais ó derrotar a Italia nos penaltis, seica rematou a maldición do 22 de Xuño (ou sería cousa da ausencia de Raúl?)

Eu non teño nada no ordenador que lle importe a ninguén

Esta frase é a que moitas veces esoitei a xente falando de porque non instalaban un antivirus, este pode ser un dos motivos, unha persoa que non tiña protexido o seu ordenador e que o utilizaron como servidor de fotografías de pornografía infantil, ven de determinarse que el non era o culpable pero todos sabemos que a mancha xa lle quedou na súa vida e todo o que tivo que pasar a familia por mor disto.

Temos que concienciarnos que o que buscan moitas veces os "ciber-delincuentes" non é a información que temos no noso equipo senon que o que queren é tomar control do equipo para poder cometer delitos, está claro que se ademais poden roubarnos as chaves de acceso as nosas contas do banco vanno facer, pero ese non é o único motivo

Lembrade sempre ter actualizado tanto o sistema operativo coma os programas que usedes, e tamén seguide unhas mínimas normas de seguridade tanto cando estedes en Internet coma cando traballedes co voso correo

Non accedo o meu blogue

Dende fai un tempo que non publicaba nada e hoxe tento acceder e non me deixa dende o equipo do traballo, nin facendo unha búsqueda a través de google nin poñendo a ruta completa no navegador nin buscando dende yahoo, o resultado é sempre o mesmo, esta páxina



O caso é que dende outro equipo da rede do traballo deixa acceder sen problemas, non me deixa no meu equipo, o único que instalei recentemente foi un cliente svn e o firefox 3, ¿será cousa disto? Coido que non é cousa de virus xa que o VirusScan está actualizado e no equipo no que mirei o antivirus estaba deshabilitado, ¿será cousa de meigas?

Tamén probei con El lado del mal e non me deixa, será cousa de tódolos blogues de blogguer?

Alguen ten unha idea?

PD: Tamén é curioso publicar algo no teu blogue e non poder velo ;-)

Actualización 19:01:
Xa podo acceder normalmente, non teño nin idea de que puido ser ....