Pete Travis
Casting
Dennis Quaid, Matthew Fox, Forest Whitaker, Edgar Ramirez, Saïd Taghmaoui, Ayelet Zurer, Zoe Saldana, William Hurt, Sygourney Weaver, Eduardo Noriega
Guionista
Barry Levy
Duración
90 minutos
Título orixinal
Vantage Point (imdb)
A Favor
A duración volve os 90 minutos clásicos e fai que a trama sexa moi levadeira
En contra
Non sabemos a motivación de ningunha das persoaxes que interveñen na trama
Sinopse
O presidente de EEUU ven a España, concretamente a Salamanca, a participar nun cumio sobor do terrorismo. O pouco de toma-la palabra é tiroteado dúas veces. A película descúbrenos o que pasou ó traves da visión de varios dos implicados no suceso
Opinión - preme aqui se queres ver / oculta-la miña opinión, probablemente conteña spoilers
A idea inicial paréceme boa e que pode ser constituinte de unha boa película xa que faiche entender mellor a cada persoaxe e porque fai o que fai, tamén é unha maneira distinta de contar unha historia e cando non hai moitas ideas pode ser un aliciente a maiores. A película empeza ben, vese como un equipo de televisión está narrando o que sucede na chegada do presidente á Praza Maior de Salamanca, entre a multitude enfurecida cos EEUU, e no momento que se achega ó estrado a falar disparanno un par de veces. A partires de aqui a historia vese dende distitnos puntos de vista
- O axente de seguridade: Dennis Quaid, é un home traumatizado porque recentemente salvoulle a vida ó presidente interpoñéndose no camiño dunha bala dirixida a este. É a súa primeira misión dende o atentado, ¿estará á altura?. Parece que o bo de Dennis Quaid tiña hemorroides ou algunha gastrite porque non é normal esa cara de cú que saca en toda a película
- O turista estadounidense: Forest Whitaker, é un home bastante amargado porque ten problemas coa su muller e para solucionalo cruza o charco e vense a España para ter algo máis de emoción na súa vida (?¿?¿?), está a gravar todo o que sucede coa súa cámara dixital e grava cousas moi interesantes que poden servir de axuda na resolución do caso
- O policía español: Eduardo Noriega, é un policía namorado dunha muller árabe (seica, tampouco estou seguro) que ten pinta de non ser trigo limpo á que lle da unha mochila e coa que queda despois de que todo suceda. Cando ocorre o atentado o policía sube ó estrado porque seica é o gardacostas do Alcalde de Salamanca, inda que os do servicio secreto non o acaban de crer e persígueno por toda a cidade
- O terrorista árabe: Saïd Taghmaoui, é un terrorista metódico e sen sentimentos que ten todo planeado ata o mínimo detalle, cerebro do atentado, dispón da tecnoloxía punta e sincronización en tódolos aspectos. Un criminal aparentemente sen escrúpulos que ó final non é tal
- O secuestrador: Edgar Ramirez, xa o quererían para sí calqueira dos exércitos do mundo, Rambo pouco tería que facer contra el. Mágoa que sexa tan parvo como para confiar nuns secuestradores tan malvados
Valoración: