Cheiro a tempos pasados

Leo esta nova no pais e non poido por mais que preocuparme, isto ule a tempos pasados, non se pode falar de homosexualidade na universidade nin noutras institucións educativas, agardemos que isto non pase a maiores porque a verdade é que non é unha boa nova ... Tamén temos ó señor Aznar reafirmándose no asunto da guerra de irak e dicindo que agora non se pode abandoar porque senon sería recoñecer que se perdeu, ¿non había que garanti-la seguridade dos iraquíes?¿qué importancia ten gañar ou non?

Microsoft protéxenos ....

Coma sempre Microsoft preocúpase pola nosa seguridade (inda que non teña importancia que xa crackearan por forza bruta e sen forza bruta o sistema de validación do seu Windows Vista) e nas versións novas de Outlook o programa bloquea certa lista de arquivos adxuntos, ata aqui pode parecer unha boa idea, o problema é que non podes deshabilitar esa opción co cal nunca poderás recibir no teu correo un arquivo de tipo mdb ou url, eso si, un xls deixacho pasar ¿non se poden facer macros perigosas en Excel?. Se utilizas o Exchange Server o teu administrador poderá reducir ou aumenta-la lista de estes arquivos, o problema é que con isto o único que se acada é que a complexidade para un usuario medio aumente xa que só hai que renombra-lo ficheiro para que xa podas recibilo sen problemas ....

A explicación de porque o fan aqui

Envío de SMS gratis

En softonic hai este programa que permite o envio de sms's gratuitos, é unha gran utilidade pero recoméndannos utilizalo con xeito xa que se non pode deixar de funcionar

Os Doors obteñen a súa estrela

Os Doors obtiveron a súa estrela no paseo da fama de Hollywood, á altura do número 2329, tamén se fixo patente o distanciamento dos membros vivos do grupo orixinal, xa que John Densmore non fixo acto de presencia e só estiveron Robbie Krieger e Ray Manzarek. Este distanciamento ven xa de lonxe e o propio John publicou un artigo no que arremetía duramente contra dos outros integrantes, especialmente contra Ray Manzarek ó que tacha de peseteiro (dicíndoo suavemente), o artigo (en inglés) podedeslo atopar eiqui, cando teña tempo tentarei traducilo