Coma sempre Microsoft preocúpase pola nosa seguridade (inda que non teña importancia que xa crackearan por forza bruta e sen forza bruta o sistema de validación do seu Windows Vista) e nas versións novas de Outlook o programa bloquea certa lista de arquivos adxuntos, ata aqui pode parecer unha boa idea, o problema é que non podes deshabilitar esa opción co cal nunca poderás recibir no teu correo un arquivo de tipo mdb ou url, eso si, un xls deixacho pasar ¿non se poden facer macros perigosas en Excel?. Se utilizas o Exchange Server o teu administrador poderá reducir ou aumenta-la lista de estes arquivos, o problema é que con isto o único que se acada é que a complexidade para un usuario medio aumente xa que só hai que renombra-lo ficheiro para que xa podas recibilo sen problemas ....
A explicación de porque o fan aqui
No hay comentarios:
Publicar un comentario