Ó final inda que sexa moi triste moi rastreiro ou como o querades ver esta nova só fala de cartos, é o que move o mundo e sobor de todos ós que máis teñen e polo que vexo a SGAE ten moitos. Cada día leo novas de que queren un novo canon, queixanse de que se baixan moitas cancións e se copian moitas cousas, e non se preocupan de dicir que están cobrando a xente que vai usar eses cd's para garda-las súas copias de seguridade ou para esa distro de Linux que quere probar, esas persoas tamén lle están pagando a SGAE e parece que non importa no mundo político, só o partido pirata parece protestar por este tema inda que vexo moi lonxe o día no que se fagan oir como debería
En definitiva hai que loitar para que non nos quiten os nosos dereitos, a expresarnos, xa sexa en Internet ou onde sexa e a non ter que pagar porque unha entidade privada así o queira, asi que tódalas ideas que teñades para a loita serán boas
No hay comentarios:
Publicar un comentario