Supoño que xa saberedes que o antroido de Santa Cruz de Tenerife está temporalmente suspendido porque fai moito ruido e unhas comunidades de veciños xuntáronse para por unha denuncia e agora o xuiz suspendeu o antroido. A parte de que coido que a xente que denunciou sinxelamente quere molestar porque non lles gusta o antroio ou o que é peor non lles guste que vaia polo seu barrio, seguro que se fose por outro sitio non protestaría
Coido que despois de 200 anos poderían ter protestado antes ou poderían ter previsto que isto podía sucederlles e non por unha denuncia no xulgado. Agora o que pasará é que se xuntará o concello cos denunciantes, este pedirán unha indemnización ou algo polo estilo e santas pascuas o antroido celebrarase e o ruido seguirá ai e senon tempo o tempo
No hay comentarios:
Publicar un comentario