Falaremos de todo o que se nos ocurra, principalmente de informática, inda que tamén teñen cabida temas variopintos coma o fútbol (Deportivo da Coruña), a política, cine, música, ...
Buenafuente rexeita un premio
Recoñezo que Buenafuente é un tío que me cae moi ben e coido que fai un programa moi bo, en cambio a Jiménez Losanto en xeral non o aturo. O outro día vin a súa entrevista no programa de Quintero e pareceume un tío moi intelixente e consecuente coas súas ideas, agora concedéronlles un premio ós dous pero o primeiro rexeitouno por ter que compartilo co segundo. Non sei se é unha boa idea iso de rexeitar premios e non sei se estou dacordo co que fixo Buenafuente pero coido que o que sí e digno de mención e a súa sinceridade neste mundo cheo de hipocresía
No hay comentarios:
Publicar un comentario