Falaremos de todo o que se nos ocurra, principalmente de informática, inda que tamén teñen cabida temas variopintos coma o fútbol (Deportivo da Coruña), a política, cine, música, ...
Censura na TVE
Eu que coidaba que a censura era cousa doutros tempos e atópome con que TVE retira a entrevista a José María García en La Noche de Quintero, non sei, coido que se este home insulta a alguen o que tería que ter feito algo era o propio Quintero, ou se non xa non ter anunciado a entrevista se non a ían emitir ... O caso e montar ruido
Denegación de servicio en el kernel 2.6.x de Linux - Hispasec - Una al día 20/02/2007
Atopouse unha vulneravilidade nos kernel 2.6 de Linux, arránxase coa versión 2.6.20.1 que a podedes descargar dende aqui, a nova en hispasec tédela aqui
Como vedes en tódolos sitios cocen fabas, agora que está tan de moda falar do windows vista en Linux tamén hai fallos de seguridade, inda que hai menos xente que tenta explotalas e que se es un bo administrador é máis difícil que che fagan moito dano

O antroido fai moito ruido
Supoño que xa saberedes que o antroido de Santa Cruz de Tenerife está temporalmente suspendido porque fai moito ruido e unhas comunidades de veciños xuntáronse para por unha denuncia e agora o xuiz suspendeu o antroido. A parte de que coido que a xente que denunciou sinxelamente quere molestar porque non lles gusta o antroio ou o que é peor non lles guste que vaia polo seu barrio, seguro que se fose por outro sitio non protestaría
Coido que despois de 200 anos poderían ter protestado antes ou poderían ter previsto que isto podía sucederlles e non por unha denuncia no xulgado. Agora o que pasará é que se xuntará o concello cos denunciantes, este pedirán unha indemnización ou algo polo estilo e santas pascuas o antroido celebrarase e o ruido seguirá ai e senon tempo o tempo

Confirmado: Non había armas de destrucción masiva
Seica agora Aznar xa sabe que non houbo armas de destrucción masiva en Irak, é unha pena que fora a unha guerra sen saber se o motivo polo que facía a guerra era verdadeiro ou falso se cadra agora, tras decenas de miles de mortos pola súa culpa (e a dalgún máis por suposto), se replantexaría se o voltaría a facer ...
De tódolos xeitos tamén vexo no resumo da entrevista qeu di que a esquerda padece alerxia á Histori de España, supoño que pode ser, pero el parece ter alerxia a Historia cando na Península había varios reinos e o idioma "oficial" era, vaia sorpresa, o galego ...
P.D.: busquei a nova en libertad digital para ve-las dúas caras da moeda pero non a atopei, ¿porqué será?

Buenafuente rexeita un premio
Recoñezo que Buenafuente é un tío que me cae moi ben e coido que fai un programa moi bo, en cambio a Jiménez Losanto en xeral non o aturo. O outro día vin a súa entrevista no programa de Quintero e pareceume un tío moi intelixente e consecuente coas súas ideas, agora concedéronlles un premio ós dous pero o primeiro rexeitouno por ter que compartilo co segundo. Non sei se é unha boa idea iso de rexeitar premios e non sei se estou dacordo co que fixo Buenafuente pero coido que o que sí e digno de mención e a súa sinceridade neste mundo cheo de hipocresía
Dúbidas sobor da paternidades
Una joven italiana de la localidad alpina de Merano, en la provincia de Bolzano, ha solicitado la prueba de paternidad a diez hombres, entre los que se encuentran seis jugadores del equipo local, para verificar cual de ellos es el padre del hijo que acaba de dar a luz, según informa el diario local Tageszeitung
Dende logo se despois de facer todo este número de probas inda non se sabe quen é o pai pasaría a ser un dos meus ídolos :D
Le-la nova completa
Morto e inda así segue na actualidade
O que fora ídolo de masas e cantante do meu grupo favorito Jim Morrison será unha das imaxes da campaña contra do cambio do clima. Seica veñen de musicar un dos seus poemas e quereno utilizar coma single na campaña The Global Cool campaign, i é que os mitos serán sempre mitos inda que leven mortos máis de 35 anos ....
Jim forever
Jim forever
Suscribirse a:
Entradas (Atom)