Sacado da documentación de Oracle
- CHARACTER SET: para especificar a codificación dos datos de entrada, no meu caso xeralmente UTF8
- FIELDS TERMINATED BY: para especificar como están separados os campos no ficheiro de entrada, WHITESPACES, 'caracter', X'codigo hexadecimal'
- se poden usar funcións ao carón dos nomes de campo, pero teñen que ir entre ", útil para convertir tipos de datos
- SKIP: para indicar o número de filas que se deben excluir do procesamento do ficheiro (para eliminar cabeceiras e demáis)
- WHEN: útil para filtrar rexistros que non interesen
- FILLER: non cargamos a columna na táboa (está no ficheiro pero non nos interesa)
- EXPRESSION: para poder asignar unha expresión SQL a unha columna
SQL Loader é unha ferramenta moi flexible que nos permite facer moi doadas as cargas de ficheiros en texto plano, pero ás veces é un pouco complicado chegar a collerlle o punto. Agora unha pequena plantilla do ficheiro de control