Que é unha máquina virtual

Se traballas nalgo relacionado coa informática case de seguro que xa sabes o que é unha máquina virtual, se non, probablemente non. Neste post intentarei falar do que é unha máquina virtual e para que nos pode servir

Unha máquina virutal, coma ben indica o seu nome, non é máis ca un software capaz de emular o comportamento e funcionalidades dun ordenador completo, é dicir, poderemos ter un ordenador dentro do noso ordenador

Existen diversos programas para poder acadar este obxectivo, entre os máis importantes están:

  • VMware Workstation: probablemente o máis coñecido e extendido de todos, a súa aplicación Workstation permite crear e xestionar máquinas virtuais (de pago). Existe unha versión gratuita para usar máquinas virtuais máis non permite crear novas Player
  • VirtualBox: a solución de Oracle para a virtualización a nivel usuario. Gratuita e con moitas funcionalidades, incluso permite ampliar a funcionalidade da mesma mediante un SDK qu permite acceder á súa funcionalidade a través de scripts en python
  • Virtual PC: a solución de Microsoft para a virtualización de escritorio
  • QEMU: solución open source para a virtualización en sistemas, utilizado xeralmente en sistemas Linux
E para que imos querer ter outro ordenador no meu ordenador, se o meu xa me da moitos problemas? Ben, son moitos os motivos polos que se podería querer facer, pero os máis habituais serían:
  • Seguridade: no teu ordenador non instalas programas de "dudosa reputación" máis nunha máquina virtual ben illada é un bo sitio para probar
  • Probar cousas novas: nunca probaches linux? Ou un Mac? Ou a nova versión de Windows? Proba nunha máquina virtual e logo te decides ;-)
  • Análise de malware: as máquinas virtuais son os laboratorios para probar a execución de malware e así facer o análise dinámico do mesmo

A nivel empresarial temos moitos máis usos, como poderían ser o escritorio virtual, a virtualización de aplicacións, a provisión de servidores, etc ...

O bo das máquinas virtuais é que podes simular todo o que queiras, ter cinco discos duros, a configuración de rede que queiras, usar isos coma CD's ... e todo nun entorno controlado e fácilmente xestionable

Saúdos



No hay comentarios: