Nalgunhas ocasións ao ter que actualizar un feixe de filas dunha táboa (ou varias) é necesario facer uso dun cursor para poder facer os cálculos pertinentes e poder acadar o resultado desexado
Levo anos usándoos e nunca tivera este problema (sí moitos outros), o caso é que ao executar o PL/SQL dame un erro ORA-00907 missing right parenthesis na definición do cursor.
Revisando o cursor vexo que a consulta está ben e se executa sen problemas fora do cursor, a consulta é a seguinte
Se lle quito a parte do order by o cursor se executa correctamente, pero necesito ese order by, buscando por internet cheguei a esta páxina onde comentan que os parénteses non son necesario, efectivamente quitando os parénteses xa funciona, pero nunca antes me tivera pasado e sempre os usaba por unha cuestión de claridade e lexibilidade do código
En fin por se vos serve de axuda
Falaremos de todo o que se nos ocurra, principalmente de informática, inda que tamén teñen cabida temas variopintos coma o fútbol (Deportivo da Coruña), a política, cine, música, ...
Cambiar o contrasinal de tareas programadas
No meu traballo teño que programar tarefas nun servidor Windows co meu usuario. Nas políticas de seguridade da empresa establéces que cada tres meses caduquen os contrasinais, o efecto é que cada tres meses teño que cambiar o contrasinal das tarefas programadas deste servidor
Se foran unha ou dúas non habería problemas, pero chegado o punto de ter algo máis de 30 tarefas programadas faise engorroso este traballo, co que me propuxen automatizalo todo o que puidese
Buscando por aí vin que hai unha evolución para o comando at que é schtasks, dende este comando podo cambiar os parámetros dunha tarefa, en concreto co parámetro /RP, e tamén podo listar as tarefas que hai, co que agora xa só queda poder facer un bucle que execute o comando para cada unha destas tarefas
Como no vrao me propuxen aprender python velaquí tedes o meu script para cambiar o contrasinal dunhas tarefas nun equipo remoto dun xeito sinxelo, hai outro xeito de cambiar as tarefas programadas pero pareceume máis complexo
Agardo que vos sexa de utilidade ;-)
Se foran unha ou dúas non habería problemas, pero chegado o punto de ter algo máis de 30 tarefas programadas faise engorroso este traballo, co que me propuxen automatizalo todo o que puidese
Buscando por aí vin que hai unha evolución para o comando at que é schtasks, dende este comando podo cambiar os parámetros dunha tarefa, en concreto co parámetro /RP, e tamén podo listar as tarefas que hai, co que agora xa só queda poder facer un bucle que execute o comando para cada unha destas tarefas
Como no vrao me propuxen aprender python velaquí tedes o meu script para cambiar o contrasinal dunhas tarefas nun equipo remoto dun xeito sinxelo, hai outro xeito de cambiar as tarefas programadas pero pareceume máis complexo
Agardo que vos sexa de utilidade ;-)
Se lo que estás pensando (Libro)
4 sobre 5 |
Se lo que estás pensando é o primeiro libro de John Verdon sobor o detective retirado David Gurney.
Un amigo (máis ben un coñecido da universidade) do detective pídelle que lle axude con algo raro que lle está a pasar, mandáronlle unha nota na que lle dicían que o coñecían tan ben que serían quen de adiviñar un número que pensase entre o 1 e o 1000. E sí que o adiviñou.
A partir de ahí a trama vaise complicando ata ter un caso moi complicado que só David Gurney é quen de resolver
O libro é moi doado de ler, e parte dun misterio aparentemente moi complicado de resolver. O xeito en como vai desleando o misterio, a relación coa súa muller, coa axente artística e os outros policías envoltos no caso están moi ben resoltos e danlle moita axilidade ao libro
Gustoume moito, non é unha novela con moitas pretensións pero se che gusta o xénero de detectives e intriga hache gustar.
Non me extrañaría que nun futuro veramos a David Gurney nos cinemas de medio mundo
Se queredes podedes ler un capítulo da novela dende a súa web (tamén das novelas posteriores)
Lista de desexos
Levo tempo querendo levar unha lista das cousas que vexo e que me gustan para algún día mercar / facer (pode ser algo coma montar un entorno para análise de malware :D), pero non atopei nada que me axudara a levar esa lista, ata que pensei que podería deixalo nun post e así telo sempre a man
Vou empezar polos cacharros que me chaman a atención e que me gostaría ter (algúns son mutuamente excluintes)
Vou empezar polos cacharros que me chaman a atención e que me gostaría ter (algúns son mutuamente excluintes)
- Xtreamer SideWinder: un reproductor multimedia moi potente que ten moi boa pinta (tamén me vale calqueira dos de gama superior)
- Rasberry Pi: un mini ordenador pensado con fins educativos, pero que polo prezo (25$-35$) fíxose moi popular e pode servir como reproductor multimedia ou o outra cousa
- Minipwner: un cacharro que permite conectarse a unha rede e snifar o tráfico ou facer un portal cautivo e máis cousas :D
- Reproductores multimedia (importante a opción de subtítulos): en dealxtreme teño varios aos que lle botei(con TDT incluso) o ollo, tamén en Carrefour hai algún interesante
Seguimos con libros, teño o e-book de Sony sen Wifi, co que unha actualización ao novo e-book de Sony ou incluso ao Kindle (por prezo) non estaría mal, inda que iso xa é vicio :P
Agora películas/series que quero ver (entre outras moitas pero non quero ter listas moi grandes)
Tiña pensado por un apartado de música, pero realmente non quero posuír a música, senon poder escoitar música, e hoxe en día coas opcións dispoñibles para min é suficiente :D
Algunhas cousas que quero facer relacionadas coa miña formación
- Aprender python
- Aprender a analizar malware
- Mellorar os meus coñecementos de seguridade informática
Proxectos persoais
- Montar un laboratorio no trasteiro ... hai que levar internet ata alí e logo instalar os equipos :D
- Montar unha centraliña ip na casa (supoño que algún asterisk)
A ver se pouco a pouco vou tachando cosas e engadindo novas (sería o ideal inda que o dubido :D )
Entrada truncada a X caracteres en Oracle
Se algunha vez ao lanzar un proceso pl/sql dende sqlplus te atopas con algún erro similar o que deberías facer é buscar algún espacio ao comenzo da liña, algúns editores manteñen o último identado que fas co que se che pode escapar, por exemplo
DECLARE
declaración variables ...
BEGIN
código do pl/sql
END; -- aquí temos un espacio antes do END
/ -- aquí outro espacio antes do fin do ficheiro
Neste caso, na versión 8i este código podería non executarse correctamente e dar un erro similar ao do título do post. O caso é que na versión 10g non parece funcionar igual xa que o mesmo ficheiro executado co sqlplus 8i e o 10g no primeiro non funciona e no segundo sí
Agardo que vos sexa de axuda
Suscribirse a:
Entradas (Atom)