Levo un tempo entrando no proceloso mundo dos DW, e para iso hai que comezar coa fase de ETL, nesas andaba cando deime conta que necesito verificar se os datos foron cargados correctamente, como non ando moi ben de tempo o que fixen foi unha consulta que a lo menos me diga se me falta algunha data por cargar, logo habería que verificar que nesa data se cargaron todos os datos (inda que tal e como o teño montado se me falla algún dato debería fallar todo o día)
Logo de botarlle unha pensada lembreime da pseudocolumna rownum (distinta do rowid), e pensei que podería serivirme para conseguir unha lista de días e machealos contra as distintas datas da miña tabla, a consulta resultado é a seguinte

select to_date('01/07/2010','dd/mm/yy') + rownum
from tabla t
where to_date('01/07/2010','dd/mm/yy') + rownum < trunc(sysdate)
minus
select distinct t2.fecha
from tabla t2
É unha consulta moi sinxela, pero a min polo momento me funciona e coido que pode ser de utilidade
Un saúdo

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada