Nunca renegues dos teus orixes

A falta de confirmalo seica pode ser que o patrón de Madrid tivese a súa orixe nun musulmán, agora que tan mal están vistos e hai tanta xenofobia e racismo, inda que sexa a un nivel máis local, coido que sería moi bo e un punto que invitaría a reflexionar sobor da importancia de onde vemos e de non criticar a alguén polo seu credo, nacionalidade, cor de pel, sexo, orientación sexual e calqueira outra característica que se che poida ocorrer que sexa distintiva dunha persoa ou dunha raza enteira, ¿quen nos di que no futuro demostren que Breogán non é fillo dun xitano?

Visto en 20minutos.es

Localiza o teu Windows / Office

Dende esta web podermos descargarnos o paquete de interface en galego para o Windows XP, Windows Vista, o Office 2003 e o Office 2007

17 de Maio

Este día sempre é especial porque ó feito de que se celebre o Día de internet, dende non fai moito tempo todo hai que dicilo, e que para min Internet supuxo toda unha revelación, todo un cambio na maneira na que me relaciono co mundo e na maneira de obter información ou de aprender a facer cousas novas, eu tamén celebro o día das letras galegas, que leva moitos máis anos celebrándose e que coido é algo máis importante. Este ano está adicado a Xosé María Álvarez Blázquez un escritor polígrafo que demostrou que poden coexistir dous idiomas nunha mesma rexión e non teñen porque ser excluintes

A verdade é que non coñezo a súa obra, pero coido que é moi importante que se homenaxee a unha persoa que escribiu tanto en galego coma en castelán, agora que hai iniciativas moi hipócritas defendendo o uso por igual das linguas cando o que queren dicir é que se use o castelán que é o que esán acostumados. Coido que o galego está nunha situación de desvantaxe respecto do castelán e paréceme ben que dende as institucións debe fomentarse o seu uso inda que nunca compartirei a súa imposición

De tódolos xeitos Feliz Día das Letras Galegas e Feliz Día de Internet

Diccionario TIC galego

Vexo na edición de onte da Voz de Galicia un artigo que fala dun diccionario enciclopédico galego das TIC que van implantar, está promovido polo COETG e o seu responsable vai ser Xavier Alcalá, seica vai ser un portal web, pero non encontrei por ningures ese portal web. Buscando un pouco máis vexo que a cousa xa está recollida en varios sitios,e atopo que o proxecto estará feito dentro de tres anos

Coido que esta iniciativa é moi necesaria e máis cando vexo que para falar dun firewall se o fago en galego teño que dicir devesa, palabra que nin sequera coñecía na súa acepción do diccionario da real academia galega:
Terreo extenso, poboado de árbores non moi mestas, normalmente valado ou cercado e dedicado ó pastoreo. Cortaron as últimas faias que quedaban na devesa.

A ver no que queda a cousa

A crise da construcción

Non o poido aturar máis, o teño que dicir inda que ninguén me escoite (a lo menos eso din as estatísticas). A xente da construcción leva anos enriquecéndose a costa dun excesivo optimismo do mercado, dunha boa situación no interese ó que se daban as hipotecas e moi pouco control da xustiza que desenvocou en non poucos casos de corrupción e destrozos de paisaxe urbanístico. Pois agora que se lles di que non se lles vai a axudar e que teñen que capear o temporal (como teñen que facer tódolos mortais) protestan e din que non se pode frivolizar .... sen comentarios

Tamén quería falar sobre os nosos políticos, por un lado o PSOE, que durante toda a campañan electoral non falou de crise, nin de desaceleración nin de nada polo estilo na economía, i en canto gañan as eleccións din que si que hai algo, só por iso para min deberían estar inhabilitados ou algo polo estilo, ¿non é eso unha mentira en toda regla?¿non debería haber un código ético nas campañas electorais?

Doutra banda o PP, desta volta non gañaron as eleccións e un par de meses despois vanse dous dos seus cabezas de carteis e que de seguro que foron o motivo de moitos dos votos que levou o partido, ¿non debería penalizarse que alguén poida sair elexido e se non hai un motivo ben xustificado (e non o meramente económico) non puidera abandoar as súas obrigas para con todos nos?

En fin, a seguir mantendo a estes ladróns (e a outros) e procurar que a crise non nos afecte en demasía

¿O teu ISP está "capando" o tráfico P2P?

Ultimamente estase falando moito sobor de se os ISP están ou non penalizando o tráfico P2P por riba doutro tipo de tráfico, a través das fontes diarias de Enrique Dans chego ata esta ferramenta que seica fai unha análise do rendemento da túa conexión no tráfico P2P fronte a outro tipo de tráfico para determinar se a túa operadora é maligna ;-)

Pola miña parte vouno probar e comentarei os meus resultados

A meu proveedor de acceso a internet (e de telefonía fixa, de televisión por cable e de móbil) é R

Actualización:

Acabo de ver esta url, na que se fala de maneiras de evita-lo bloqueo do teu ISP ó tráfico BitTorrent

Actualización (II) 29/01/09:

Seica google e outros asociados veñen de publicar unha serie de ferrramentas para testear se o teu isp está a penalizar o teu tráfico dalgunha maneira

visto en Slashdot

Os contratos indefinidos de hoxe en día

Chégame unha oferta de traballo e inda que non ando activamente na busca dun novo emprego adoito miralas case todas por se existe o traballo da miña vida.

Neste caso é de Responsable Técnico, cando miras a oferta ves que en realidade de de reparación de hardware e de mantenemento de software, non vexo por ningún sitio a responsabilidade, pero o que máis me chama a atención e o que se ofrece



Tachán, un contrato indefinido de duración 1 ano!!!!!!!!!!! Fantástico ata que punto chegamos, a min paréceme que o contrato está bastante definido

Non está de máis revisar os premios ós traballos máis precarios xa que despois pasa o que pasa

A oferta a podedes ver aqui