Mentalidade parella

basicamente a mesma idea que a de Bush de talar as arbores para que non haxa incendios .....
ELPAIS.com - "¿No es curioso que nunca haya habido una matanza en Utah?"

O importante que é viaxar

a que montou Richard Gere por un beixo que lle deu a actriz india gañadora de Gran Hermano alá polas illas británicas. Sorpréndeme de Richard Gere sendo budista non coñeza que as mostras de afecto son tema tabú alo pola india, se viaxara máis e se empapara da cultura local en vez de figurar probablemente no tería este problema

qué non lle farían os que a insultaron no mesmo concurso?

O placer máis caro

Seica a Victoria Beckham non lle chega co aparello do seu marido, o sobrevalorado futbolista David Beckham, agora vai ter os orgasmos mais caros do mundo, se nos din cantos orgasmos lle produce o seu novo xoguete saberemos a canto ascende cada un, pero facendo unha estimación así a ollo de uns 100 orgasmos ó ano, en cinco anos 500 serían 400 dólares o orgasmo (uns 380€ ....)

sen comentarios

PD: xa me estou a arrepentir de comentar esta nova, en que me estou convertindo????

O perdón 40 anos despois?

40 anos despois da formación do grupo e algo máis de 35 da morte de Jim morrison un par de estudiantes piden o perdón para Morrison, non sei se o conseguirán pero parece moi oportuno agora que están ¿"de moda"?

Poderoso cabaleiro é don diñeiro

Ó final inda que sexa moi triste moi rastreiro ou como o querades ver esta nova só fala de cartos, é o que move o mundo e sobor de todos ós que máis teñen e polo que vexo a SGAE ten moitos. Cada día leo novas de que queren un novo canon, queixanse de que se baixan moitas cancións e se copian moitas cousas, e non se preocupan de dicir que están cobrando a xente que vai usar eses cd's para garda-las súas copias de seguridade ou para esa distro de Linux que quere probar, esas persoas tamén lle están pagando a SGAE e parece que non importa no mundo político, só o partido pirata parece protestar por este tema inda que vexo moi lonxe o día no que se fagan oir como debería

En definitiva hai que loitar para que non nos quiten os nosos dereitos, a expresarnos, xa sexa en Internet ou onde sexa e a non ter que pagar porque unha entidade privada así o queira, asi que tódalas ideas que teñades para a loita serán boas