Xogamos coma nunca e perdemos coma sempre

Moita xente estaba moi ilusionada coa actuación da selección española neste mundial, inda que poida parecer ventaxista non tiña moitas esperanzas de que a selección pasase a ronda, mais teño que dicir que cando vín o partido prefería que pasase antes ca Francia. O equipo galo xogou un partido moi táctico e o español non rendeu como se cría que podía facer (inda que non se enfrentara a un equipo realmente potente), finalmente Ucrania está en cuartos i España vaise para a casa

Diferentes visións dunha noticia

É curioso ver como os distintos medios de comunicación tratan as mesmas novas aqui podedes ver un exemplo Nova segundo El Pais, nova segundo La Voz de Galicia.

Como di o meu sogro do que te conten non creas nada e do que vexas só a metade (neste caso o que leas)

Bill Gates retírase en 2 anos

Este é o email que lles mandou os seus empregados para informarlles dos seus futuros proxectos á fronte da Bill & Melinda Gates Foundation, ¿qué ocorrerá no futuro?¿seguirá Microsoft sendo o referente (ó menos económico) da informática mundial? Só o tempo o saberá, de momento xa hai dúbidas sobre o futuro de Steve Ballmer na empresa

P.D.: un tío curioso este Ballmer

A miña voda

Desmarcándome un pouco da temática xeral do blog, hoxe vou falar un pouco da miña vida. O próximo 22 de Xullo cásome, e pola igrexa!!!!!!, non son crente nin practicante e son católico porque os meus pais bautizáronme pero sen pedirme a miña opinión. O tema é que hai moitas cousas asociadas ó casamento, no meu caso por exemplo, mudanza, gastos varios e importantes, visitas a familiares case esquecidos, decisións do estilo ¿qué flores na mesa?¿e na igrexa?, cousas dese estilo, pero o máis importante, para min, é a lúa de mel.

No meu caso fago unha viaxe que sempre quixen, a costa Oeste de EEUU, comezo en San Franciso (3 noites), logo alugamos un coche e imos a Yosemite (1 noite), despois coche outra vez cara a Lake Mammoth (1 noite), pasamos entón a Las Vegas (2 noites) onde faremos unha excursión ó Gran Cañón en helicoptero, avioneta e barco, despois imos a Los Angeles (3 noites) para finalmente coller un avión e ir a Maui (5 noites), non sei se a todo o mundo lle gostaría esta viaxe pero pódovos asegurar que eu non mexo dende que decidimos que iamos facela.

A miña intención e levar un ordenador portátil e se me quedan gañas ó mellor contar algo do que vexa por alá para ter un pequeno diario do que fixen na miña lúa de mel. Tentarei actualizar algo máis a miúdo este blog

Saúdos

Galiza en internet

Hoxe escribo estas liñas para facer mención a algunhas páxinas que merecen a miña atención por estar pensadas para promove-lo uso do galego na web.

Aqui temos unha páxina oficial da Xunta mancomun.org - Iniciativa galega polo Software Libre pretende ser o punto de encontro das diferentes iniciativas sobre Software Libre que se están desenvolvendo dende os diferentes ámbitos: institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc.

Proxecto Trasno, tradución do software libre ó galego

Tradución automática en código aberto, pois iso

A wikipedia en galego, a versión do wiki en galego, moi boa

Finalmente se queremos podémonos dar unha volta por culturagalega.org para ver o que se move en Galiza nos últimos tempos e ver que o idioma galego está moi presente nesta comunidade