Xente para todo

Sabedes en qué día estamos, si, o 25 de Maio de 2006, pero que se festexa o 25 de Maio? Pois nin máis nin menos que o día do friki, si señor, esa xente que se adica a masturbarse pensando na princesa Leia ou que pasan o día xogando o rol e querendo domiña-lo mundo.

Alédome de que haxa este día, se hai días para o amor, o sida, ou as compras porque non para os frikis? E se vedes a alguén cunha toalla pensade que pode ser un autoestopista galáctico co que non lle dedes máis importancia (se o vedes hoxe, outro día ó mellor sí)

Ben pois non sei se foi un friki, un autoestopista galáctico pero esta canción góstame máis cá orixinal, tal vez hai que pulir un pouco a linguaxe pero é máis simpática




Saúdos e que a forza vos acompañe

Políticos de vergoña

Estou nun periodo no que non podo adicar todo o tempo que desexo a este blog e que ademais quero cambiarlle o formato para aproveitar todo o ancho da páxina polo que desculpade pola falta de entradas nos últimos meses.

De tódolos xeitos non podía deixar pasa-la oportunidade de comentar un feito que ocorreu no Congreso dos deputados (por certo non vos parece incrible que poidan faltar todo o que queiran e lles sigamos a pagar???A min paréceme aberrante, pero iso será tema doutro post), pois o caso foi que un deputado (suponse que cunha educación superior) foi expulsado do Congreso tras recibir varios avisos do presidente do congreso, según uns por graves insultos ó Ministro de Defensa e según outros por levanta-la voz un chisco máis da conta. Fora o que fora en calqueira caso paréceme que é un insulto a todos aqueles ós que suponse que representan, que somos todos nós, o queiramos ou non, pero con representantes así non sería mellor vivir nunha anarquía ou que nos gobernasen os nenos da gardería???? Unha vez máis os políticos decepcionanme

Xa fai moito tempo

Xa fai moito tempo que non escribo no blog, gostaríame escribir máis e prestarlle máis atención mais o traballo, a miña vida persoal (en poucos meses cambio de estado civil) i en xeral un pouco de vagancia non me deixa tempo para moito. De tódolos xeitos voume facer eco de dúas cancións que o están a rachar, a primeria e "Amo a Laura" unha oda á castidade e o amor puro feita pola MTV para critica-lo puritanismo existente na sociedade actual




e ademais a tamén archifamosa xa canción do koala "Opá yo viazé un corrá"




Ben, agardando que a miña aparición por estes lares sexa máis a miúdo despídome xa ;-)