A futura interfaz de usuario?

Despois de oir falar en varias páxinas de 10gui, cando cheguei a gizmodo pensei que debería botarlle un ollo porque tiña pinta de que a xente que sabe está segura de que vai ser o futuro e vainos facer cambiar a maneira de traballar no futuro. Podes ver o video a continuación

10/GUI from C. Miller on Vimeo.



Tras ver o vídeo a verdade é que coido que non é para tanto, coido que están ven as pantallas multi tactiles máis que o poder usar os 10 dedos non me vai aportar moita productividade ao meu trabalo, xeralmente teño que estar cunha man no rato e a outra no teclado,  se xa me é incómodo o TouchPad do meu portátil, ter unha especie de alfombra en vez de teclado (non haberá teclado no futuro?) coido que non me fará a vida máis fácil

Supoño que o tempo dirá se me trabuco, pero como opinar é libre eu digo que non vai trunfar, xa veremos ;-)

Rememorando o España - Malta

Seica estes xogadores querían rememorar o famoso partido de España - Malta no que gañou a primeira por 12 goles a un, ata eu sería capaz de defender mellor ca ese equipo. Senon se fai algo ao respecto coido que o fútbol pouco a pouco deixará de ser o que é hoxe ...

Visto en Meneame