Defendendo ós enxeñeiros informáticos

Pois iso, coido que esta profesión está moi denostada e non se lle da a importancia que debería ter. Agora xúntanse nunha mobilización, non sei se terá moito exito ou non pero ó igual que hai algunhas cousas que so poden facer algún tipo de enxeñeiros coido que no proceso de desenrolo do software debería haber partes que so puideran firman os titulados en informática

¿Qué tipo de blogger es?

Unha vez máis via Pisito en Madrid vexo unha enquisa, desta volta como é o teu perfil de blogger, eu máis ben o fago por amor á arte e non polos cartos (como non teño visitas non teño ingresos :D )


What Kind of Blogger Are You?

Parellas virtuais

O caso é que unha parella lévase ben por internet e nembargantes na vida real non se aturan, ¿ata que punto chegamos? Serán máis fáciles as relacións virtuais (seguro que sí), pero realmente hai tanta diferencia como para que non poidas recoñecer á túa parella a través da rede? E outra reflexión, se descobres que esa persoa coa que o pasas tan ben é a que tes na casa o teu lado non sería un motivo máis para estar con ela en troques de pedi-lo divorcio? Está claro que a vida real non é unha película

Lido en Noticias.dot

Vivamos coma galegos

Faláranme fai xa unha semana ou así desta campaña, pero ata o de agora non a vira, a verdade é que está moi ben, realmente gústame e coido que fai falla máis campañas deste xeito para que a xente se identifique co que somos (para ben ou para mal) e que se vexa que inda que estemos en España (guste ou non ó igual que estamos en Europa ....) temos uns costumes e maneiras de ser distintos o que fan que non nos identifiquemos tanto cos madrileños ou cos cataláns ou vascos ou calqueira outra comunidade




Pois iso a disfrutar, come na casa da túa nai sempre que poidas e se alguén te chama feo dille que es riquiñ@