Falaremos de todo o que se nos ocurra, principalmente de informática, inda que tamén teñen cabida temas variopintos coma o fútbol (Deportivo da Coruña), a política, cine, música, ...
Securizando linux
Inda que Linux xa é un sistema per-se máis seguro ca Windows inda pode facerse mellor, para elo se es administrador dunha máquina ou rede Linux podes utilizar BASTILLE-LINUX, unha serie de scripts que te guiarán polo proceso de "bastionar" o teu sistema
Colaborando co mal ....
Outra desas novas absurdas que se ven a diario e que non poden facer por máis que pensar que vivimos nun mundo de tolos. Ou sexa que agora a educación colabora co mal, isto lémbrame o que a igrexa dixo de Darwin, Galileo e moitos máis , parece que pasa o tempo pero as cousas seguen igual
Heroes en galego
Dende fai unhas semanas a tvg está a ofrecer a serie Heroes en galego, non me enterei ata fai pouco, isto da tele dixital e a súa guía é o que ten (a galega inda non ten guía interactiva), tiña moitas gañas de ver esta serie e agora xa non teño ningunha excusa. Aqui tes un sitio de onde a podes descargar en dual (galego e inglés)
Anatomía do kernel de Linux
Lendo o blog de software libre da universidade de deusto atopei esta entrada do sempre recomendable Pablo Garaizar (inda que agora teña un pouco abandoado o seu blog) na que se enlaza aun artigo moi interesante e sinxelo sobor da estructura do kernel de Linux, coido que é unha leitura moi recomendable e que pode axudar a todos aqueles que non teñan moi claro como traballa isto de Linux
Suscribirse a:
Entradas (Atom)