Era la única solución?

Parece que o tempo pon a cada un no seu sitio e agora leo un par de cousas na web que me fan reflexionar, primeiro en Microsiervos unha anotación que reflexiona acerca de se as medidas que se toman para evita-los ataques terroristas son efectivas ou non, despois no Pais leo unha nova que di que a guerra de Irak non arranxou nada senon que inda foi a peor a ameaza terrorista

E inda haberá xente que defenda a guerra como necesaria, ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡sempre hai outra solución!!!!!!!!

Un disco para tódolos formatos?

Leo esta nova en BarraPunto, os tres formatos actuais (algún inda en desenrolo) de DVDs, o propio DVD, o HD-DVD e o Blu-ray, poderían ter soporte nun só "DVD" o que acabaría cos problemas que está tengo agora o sector no que non se sabe cara onde irán os tiros neste senso

Coido que o futuro será unha solución híbrida deste estilo ou sinxelamente un reproductor que lea tódolos formatos

Errores ortográficos

Ás veces as presas lévannos a non prestar toda a atención que merece o que escribimos e cometamos erros imperdoables noutras ocasións, pero se inda por riba traballas pra un medio de comunicación deberías ter máis coidado nesta imaxe como se confunde o ll co i grego no xerundio do verbo ir




Sei que é un erro e a persoa que o escribiu sabe exactamente como se escribe pero estas son as cousas que hai que coidar cando traballas na prensa escrita. A nova (non sei se estará arranxado o erro podes lela aqui

Día del Programador

Onte foi o Día do Programador e dende esta páxina quero facer unha mención especial a esa especie xeralmente tan explotado e denostada como é o programador e por extensión o informático (xa que a xente non o sabe distinguir, se programas sabes arranxar un ordenador sexa cal sexa o seu problema ....). Se coñecedes algún felicitadeo e animalo a que siga coa súa profesión que inda hai xente que cre neles :D

Os mendigos son o problema

Leo hoxe na Voz de Galicia que unha tenda de A Coruña recolle firmas contra os mendigos que nas noites durmían na entrada da súa tenda. ¿E porque non recolle firmas en contra da policía que é quen permite que os mendigos durman alí, porque non recolle firmas para promover máis centros sociais onde os mendigos poidan durmir?

Propoño unha recollida de firmas en contra desta tenda, se estades dacordo podedes facer un comentario para reflexalo